Logo Número 01
Febreiro 2025

Asesoramento na preparación de propostas ao European Research Council (ERC)

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, organiza en marzo dous talleres dirixidos a investigadores e persoal especializado en proxectos europeos, co obxectivo de optimizar a participación nas convocatorias do European Research Council (ERC).

O 18 de marzo celebrarase un taller presencial dirixido a investigadores das universidades públicas galegas, o CSIC e os institutos de investigación sanitaria, co fin de familiarizalos coas convocatorias do ERC e ofrecerlles ferramentas para preparar propostas competitivas.

O 19 e 20 de marzo, un taller enfocado a xestores de proxectos proporcionará as estratexias necesarias para apoiar ao persoal investigador na preparación das súas propostas, garantindo un coñecemento profundo dos criterios e procesos de avaliación do ERC.

Ambos talleres serán impartidos polos expertos Stewe Bekk e Malte Beringer, coa participación de Manuel Souto, investigador Oportunius, quen compartirá a súa experiencia na obtención dunha Starting Grant en 2021.

18 Marzo (10h a 18h) Taller de preparación de propostas ERC 2025-2026

19 de marzo de 10:00h a 16:3 h e 20 de marzo de 10:00h a 14:00h Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC

Ler máis

Convocatorias

Eventos

Novas

Búsqueda de Socios