|
Número 02 Marzo 2025 |
Organización dunha xornada sobre as convocatorias do Clúster 2 e WIDERA de Horizonte Europa
O 1 de abril, a Axencia Galega de Innovación celebrará unha xornada informativa para presentar as convocatorias de 2025 do Clúster 2 de Horizonte Europa, centrado en Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva, así como do programa WIDERA (Widening Participation and Strengthening the European Research Area). O evento está dirixido a entidades galegas interesadas en participar nestes programas europeos. Durante a sesión, abordaranse as oportunidades de financiamento dispoñibles e as estratexias para a preparación de propostas exitosas. A xornada terá lugar na sede da Axencia en Santiago de Compostela.
Ler máisAberta a Segunda Convocatoria do Programa Interreg NEXT MED con 83,7 millóns de euros para proxectos de transición ecolóxica
O Programa Interreg NEXT MED lanza a súa segunda convocatoria de propostas, cunha dotación de 83,7 millóns de euros para proxectos que impulsen a transición ecolóxica no Mediterráneo. A convocatoria está aberta ata o 15 de abril de 2025 e busca solucións innovadoras e colaborativas para afrontar os retos climáticos da rexión. Toda a información e documentos están dispoñibles na web oficial do programa.
Máis informaciónAberta a nova convocatoria para que cidades e rexións se unan ás CCRI Communities of Practice
A Circular Cities and Regions Initiative (CCRI), lanzada en 2020, segue medrando e acaba de abrir unha nova convocatoria para que cidades e rexións de toda Europa se sumen ás CCRI Communities of Practice que é unha iniciativa europea para apoiar a transición hacia economías circulares. Estas novas incorporacións traballarán en colaboración cos 12 proxectos piloto e os 25 membros seleccionados en 2022. O prazo para presentar solicitudes finaliza o 28 de marzo ás 18:00 CET.
Máis informaciónAberta a convocatoria HORIZON-EIC-2025-ACCELERATOR-01 para startups e pemes innovadoras
O Acelerador do EIC (European Innovation Council) abre a súa nova convocatoria de 2025 para apoiar a expansión de innovacións de alto impacto con potencial para crear novos mercados ou transformar os existentes. O programa ofrece unha combinación única de financiamento de entre 0,5 e 10 millóns de euros, xunto con servizos de aceleración empresarial.
As entidades poden presentar propostas a través de dúas modalidades:
· Acelerador EIC Aberto: destinado a proxectos sen prioridades temáticas predefinidas, permitindo propostas en calquera campo tecnolóxico ou de aplicación.
· Acelerador EIC Desafíos: enfocado en áreas estratéxicas e tecnoloxías emerxentes predefinidas.
Esta convocatoria representa unha gran oportunidade para pemes e startups europeas que buscan escalar solucións innovadoras e disruptivas co respaldo da UE.
Máis informaciónAberta a convocatoria KIC Water para transformar os sectores da auga, mariño e marítimo en Europa
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) lanzou a convocatoria para a creación do novo partenariado KIC Water: Transforming Europe's Water, Marine and Maritime Sectors, unha iniciativa destinada a impulsar a transformación sostible destes sectores en Europa.
A convocatoria permanecerá aberta ata o 17 de xuño de 2025 e permitirá a posta en marcha desta nova Comunidade de Coñecemento e Innovación (KIC), que contará cun orzamento inicial de ata 5 millóns de euros en 2026 para establecer o seu ecosistema de innovación. O obxectivo é lograr a sustentabilidade financeira máis aló do financiamento do EIT, fomentando a cooperación entre educación, investigación e industria.
Máis informaciónMatchmaking virtual da convocatoria EUREKA para proxectos de I+D entre Turquía e España
Data: Do 28/02/2025 ata 28/04/2025
As axencias nacionais de financiamento TÜBİTAK (Turquía) e CDTI (España) lanzaron unha convocatoria para proxectos de I+D colaborativos no marco de EUREKA, aberta do 10 de febreiro ao 24 de abril de 2025. Os consorcios deben incluír, polo menos, unha empresa turca e unha española. Para facilitar a formación de consorcios, habilitouse unha plataforma de matchmaking virtual activa dende o 28 de febreriro ata o 28 de abril de 2025, onde os participantes poden programar reunións en liña e publicar oportunidades de cooperación no Marketplace. A organización deste matchmaking está a cargo da Sabancı University, en colaboración con TÜBİTAK e CDTI, no marco da Enterprise Europe Network.
Ver detallesEvento Internacional ICTürkiye2025: Oportunidades de colaboración en Horizonte Europa
Data: 10/04/2025
O evento internacional ICTürkiye2025 terá lugar en Istambul, Turquía, o 10 de abril de 2025, organizado polo Consello de Investigación Científica e Tecnolóxica de Turquía (TÜBİTAK), con apoio do proxecto financiado pola UE "Asistencia Técnica para Turquía en Horizonte Europa", en colaboración coa Universidade Sabancı e a Rede de Empresas Europeas (EEN). Este evento reunirá máis de 300 participantes de Europa e Turquía, enfocándose en temáticas de Horizonte Europa como a saúde dixital e intelixente, a transición verde e dixital da industria, chips dixitais e 6G e mobilidade intelixente. Será unha excelente plataforma para ampliar redes de contacto e crear novas asociacións para futuros proxectos europeos.
Ver detallesOcean Business 2025: Innovación en ciencia e tecnoloxía mariña
Data: Do 08/04/2025 ata 10/04/2025
A Ocean Business 2025 terá lugar do 8 ao 10 de abril en Southampton, no Reino Unido. Este evento global reúne profesionais do sector mariño para explorar novas tecnoloxías e solucións, con demostracións en vivo e máis de 300 expositores. Unha oportunidade única para conectar coas últimas innovacións e avances no ámbito oceánico.
Ver detallesFormacións ERC 2025-2026
Data: Do 07/04/2025 ata 09/04/2025
A Axencia Galega de Innovación celebra, no marco do Programa Oportunius, dúas formacións de Preparación de Propostas ERC. A primeira delas estivo dirixida ao persoal investigador co obxectivo de familiarizar a potenciais candidatos e candidatas coas convocatorias do European Research Council (ERC) e dotalos das competencias necesarias para preparar propostas gañadoras para esta axuda. Ante o éxito acadado na convocatoria, na que o número de inscricións case triplicou o número de prazas dispoñibles, os próximos 7 e 9 de abril realizarase unha nova edición online desta formación dirixida a tódalas persoas interesadas que non puideron asistir.
Esta semana tamén se organizou outra formación dirixida ao persoal de xestión das entidades de acollida de ERC co obxectivo de dotalos de visión, ferramentas e estratexias necesarias para asistir ao persoal investigador na preparación de propostas excelentes.
Ver detallesAnunciadas as nove finalistas do Premio Europeo a Mulleres Innovadoras 2025
A Comisión Europea deu a coñecer as nove finalistas do Premio Europeo a Mulleres Innovadoras 2025, un galardón que recoñece ás emprendedoras cuxas innovacións teñen un impacto positivo na sociedade e no medio ambiente. As candidatas compiten en tres categorías: Mulleres Innovadoras, Innovadoras Emerxentes e Liderado Feminino do EIT. Entre as finalistas destacan a española Agnès Arbat, cofundadora de Oxolife, que desenvolve fármacos innovadores para mellorar a fertilidade, e a portuguesa Débora Andreia Campelo Campos, fundadora e CEO de AgroGrin Tech, que transforma residuos industriais de froitas en ingredientes alimentarios funcionais. As gañadoras anunciaranse no cumio do Consello Europeo de Innovación o 3 de abril de 2025.
Ler máisCultivating Civic Habits gaña o Concurso Europeo de Innovación Social 2024
A Comisión Europea anunciou hoxe o gañador do Concurso Europeo de Innovación Social 2024 (EUSIC) durante o Foro Anual de Innovación Social Europea - NeSEI, un encontro que promove a innovación e a colaboración entre emprendedores e innovadores sociais europeos.
O proxecto gañador é Cultivating Civic Habits, desenvolvido por Sabiedribas Lidzdalibas Fonds (Letonia), que busca mellorar as competencias cívicas da mocidade de 14 a 18 anos, capacitando os participantes para tomar decisións informadas como cidadáns responsables nunha sociedade democrática e diversa. A iniciativa inclúe unha aplicación interactiva con actividades cívicas diarias baseadas en situacións reais para fomentar a participación e o compromiso cívico.
Ler máisPublicación estimada das convocatorias LIFE 2025 e prazos de presentación
As convocatorias LIFE 2025 serán publicadas no portal Funding & Tender Opportunities o 24 de abril de 2025. A CINEA (European Climate, Infrastructure and Environment Executive Agency) organizará sesións informativas virtuais do 13 ao 15 de maio de 2025. Os prazos de presentación para os proxectos variarán, con prazos principais como o 23 de setembro de 2025 para varios tipos de accións, e datas máis afastadas, como o 5 de marzo de 2026 para as propostas completas dos proxectos estratéxicos.
Ler máisEmpresa turca busca socios para proxecto EUREKA de optimización enerxética en apps móbiles con IA
Un proxecto enmarcado na rede EUREKA busca socios en IA, software móbil e tecnoloxía de baterías para mellorar a eficiencia enerxética das aplicacións mediante refactorización automatizada do código. O obxectivo é reducir o impacto ambiental e prolongar a vida útil das baterías, aliñándose co Pacto Verde Europeo. A iniciativa busca expertos en detección de patróns, xeración de tests automatizados e optimización enerxética con IA/ML.
ContactarStart-up do Reino Unido busca socio con experiencia en videoxogos para proxecto de coaching emocional en Creative Europe
Unha start-up británica de life coaching busca unha empresa con experiencia en desenvolvemento de videoxogos para crear un xogo de mesa virtual centrado no coaching de relacións e o benestar emocional. O proxecto combina deseño de xogos, narración e ferramentas de coaching nunha plataforma multimedia de sabedoría colectiva. O socio colaborará no desenvolvemento técnico e, opcionalmente, na avaliación da efectividade do xogo. A proposta será presentada á convocatoria Creative Europe CREA-CULT-2025-COOP-1 antes do 13 de maio de 2025.
ContactarEmpresa portuguesa busca socios para desenvolver compostos circulares sostibles en diversas aplicacións
Unha empresa portuguesa dedicada ás solucións circulares sostibles busca socios para colaborar no desenvolvemento e demostración de materiais compostos circulares para aplicacións en sectores terrestres e espaciais. A compañía utiliza materiais renovables e reciclados en compoñentes de polímeros reforzados con fibra. Están interesados en socios para proxectos de I+D, expertos en materiais renovables e química de polímeros, e tamén en usuarios finais para casos prácticos.
ContactarEmpresa italiana busca socios para un proxecto Interreg NEXT MED sobre xestión sostible de augas residuais e economía circular
Unha start-up da Lombardia busca socios das rexións elegibles de Interreg NEXT MED para un proxecto transnacional centrado na valorización de augas residuais e solucións para a economía circular. O proxecto ten como obxectivo desenvolver tecnoloxías bio-based escalables para a valorización de augas residuais en aplicacións industriais e agrícolas. A empresa busca un socio con experiencia en transferencia de tecnoloxía, implicación de partes interesadas e actividades de difusión para mellorar o impacto do proxecto e o seu despregamento no mercado.
Contactar