|
Número 09 Outubro 2025 |
Curso Horizonte Europa para pemes con experiencia
A Axencia Galega de Innovación, dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, pon en marcha o próximo 18 de novembro un programa formativo on-line dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa. Este programa formativo consta dun curso dirixido a pemes con experiencia na participación no programa Horizonte Europa (15 horas). Ademais, aquelas pemes que teñan unha idea de proxecto poderán recibir unha titorización online de 30 minutos de duración previa remisión da súa idea de proxecto. Para que a formación se poida desenvolver dunha maneira máis efectiva e personalizada o número de prazas é limitado.
Ler máisAberta a 5ª convocatoria do programa europeo Xecs (Cluster Eureka adicado á comunidade de Sistemas de Compoñentes Electrónicos - ECS)
O Cluster Eureka Xecs abriu a súa quinta convocatoria para apoiar proxectos internacionais de I+D+i no ámbito dos compoñentes e sistemas electrónicos, con impacto na transformación dixital sostible. A convocatoria estrutúrase en dúas fases: presentación do Project Outline (PO), con prazo límite o 22 de xaneiro de 2026, e do Full Project Proposal (FPP), con prazo o 16 de abril de 2026. O programa ofrece oportunidades de financiamento aliñadas coas prioridades nacionais e fomenta a cooperación entre empresas, centros tecnolóxicos e entidades de distintos países.
Máis informaciónGreenConnect 2025 Brokerage Event: Fomentando a colaboración en enerxía e descarbonización
Data: Do 18/11/2025 ata 20/11/2025
Do 18 ao 20 de novembro, GreenConnect 2025 reúne profesionais e organizacións do sector enerxético no marco da Semana Internacional de Electrificación e Descarbonización. O evento promove a innovación e a colaboración en áreas como enerxías renovables, eficiencia enerxética, mobilidade sostible e instalacións eléctricas, ofrecendo oportunidades para presentar proxectos, coñecer novas tecnoloxías e establecer contactos con posibles socios.
Ver detallesSesión B2B sobre almacenamento de enerxía no PESA Summit 2025: encontros híbridos para impulsar novas colaboracións
Data: Do 14/11/2025 ata 14/11/2025
O vindeiro 14 de novembro de 2025 celebrarase a Energy Storage B2B Session – Hybrid Edition, un evento de encontros empresariais organizado pola Polish Energy Storage Association (PESA) no marco do PESA Summit 2025. A sesión combinará reunións presenciais en Varsovia e encontros en liña abertos a participantes de todo o mundo, co obxectivo de conectar empresas, centros de I+D e investidores do sector do almacenamento enerxético.
Ver detallesInfoday Convocatorias Clúster 5 de Horizonte Europa: Mobilidade
O vindeiro 12 de novembro, a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación das convocatorias de mobilidade encadradas no Cluster 5 do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026. A xornada terá lugar en formato únicamente presencial e contará coa participación de Julio Dolado, Punto Nacional de Contacto do CDTI para o Cluster 5 – Mobilidade de HE, que ademais de presentar o programa manterá reunións bilaterias coas entidades interesadas.
Ler máisInfoday convocatorias CL6, CL5 (clima), CBE JU e PRIMA de Horizonte Europa
O xoves 20 de novembro de 2025 a Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebrará na súa sede en Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre as convocatorias 2026 do Programa Horizonte Europa, centrada nos Clústeres 6 e 5 (clima), así como nas iniciativas CBE JU e PRIMA. O encontro, que contará coa participación de Marta Conde, Punto Nacional de Contacto do CDTI, ofrecerá unha visión detallada das oportunidades de financiamento nestes ámbitos e incluirá reunións bilaterais coas entidades interesadas. O evento desenvolverase en formato presencial e está dirixido a organismos de investigación, empresas e outras entidades galegas con interese en participar en proxectos europeos de innovación e sustentabilidade.
Ler máisProcura de socios para proxecto Eurostars 3 sobre sistemas de optimización autónoma con intelixencia artificial
Procúranse socios para un proxecto europeo no marco de Eurostars 3, liderado por unha empresa turca que desenvolve un asistente autónomo de optimización baseado en intelixencia artificial. A solución aprende dos patróns de uso de dispositivos e factores ambientais para mellorar rendemento, aforrar enerxía e prolongar a vida útil dos equipos, funcionando tanto online como offline. Buscan entidades con capacidades en validación, integración técnica, experiencia de usuario, comercialización e difusión para reforzar o desenvolvemento e adopción internacional desta tecnoloxía.
ContactarProcúranse socios para un proxecto europeo de iluminación pública intelixente baseada en intelixencia artificial
Unha organización turca desenvolve SMARTLIGHT, un sistema de iluminación urbana adaptativa que emprega intelixencia artificial e datos de mobilidade para axustar automaticamente a luz viaria en función do tráfico e das condicións meteorolóxicas. Procúranse entidades con experiencia en IA, IoT, iluminación intelixente ou validación en contornos municipais para participar nun consorcio europeo no marco da convocatoria EUROGIA2030 Call 29.
ContactarProcúranse socios para proxecto europeo sobre edificios intelixentes e xestión avanzada da enerxía
A empresa Eiffage Énergie Systèmes está a preparar unha proposta para a convocatoria HORIZON-CL5-2026-02-D4-02, centrada en edificios intelixentes integrados no sistema enerxético. Procúranse socios con experiencia en modelado térmico, ciberseguridade, interoperabilidade, metodoloxías de avaliación, ciencias sociais ou integración de vehículos eléctricos (V2G) para participar nun proxecto que busca mellorar a eficiencia, flexibilidade e sustentabilidade dos edificios do futuro.
ContactarProcúranse socios para desenvolver terapias innovadoras contra a diabete
Procúranse empresas farmacéuticas, pemes, centros de investigación e hospitais interesados en colaborar no desenvolvemento de bioterapias pioneiras baseadas no secretoma muscular para a diabete tipo 1 e tipo 2. A colaboración pode incluír proxectos de I+D e participación en proxectos europeos.
ContactarProcúranse socios tecnolóxicos e comerciais para plataforma global de vodas baseada en IA
Procúranse empresas interesadas en colaborar no desenvolvemento e expansión internacional dunha plataforma intelixente que automatiza a busca e reserva de lugares e servizos para vodas a nivel mundial. A empresa promotora, unha peme chipriota, busca socios tecnolóxicos especializados en intelixencia artificial, machine learning, procesamento de linguaxe natural, infraestrutura na nube e mellora da experiencia de usuario, así como socios comerciais con capacidade de distribución e márketing.
ContactarProcúranse socios europeos para proxecto de captura de CO₂ e almacenamento crioxénico de enerxía
Unha empresa británica con tecnoloxía patentada de almacenamento de enerxía mediante aire líquido (LAESAR) busca socios para participar nun proxecto europeo orientado ao desenvolvemento dun sistema piloto que combine almacenamento cero emisións e captura de CO₂. A colaboración está dirixida a entidades con experiencia en crioxenia, captura directa de carbono, integración industrial e sistemas de rede eléctrica. As expresións de interese poden presentarse ata o 17 de xaneiro de 2026.
Contactar