|
Número 10 Novembro |
A Xunta impulsa con 1,6 M€ un proxecto pioneiro en hidróxeno verde para descarbonizar o sector forestal galego
A Xunta de Galicia apoia con 1,63 M€ o proxecto H2RCV, liderado por Maquinaria Agrícola Cancela e desenvolvido por un consorcio de catro empresas galegas co apoio do CTAG, para crear unha plataforma robotizada de trituración baseada en hidróxeno verde. A iniciativa, presentada en Tordoia pola directora da Axencia Galega de Innovación, conta cun orzamento total de 3,72 M€ e enmárcase no programa Misións RIS3, orientado a promover solucións innovadoras que reduzan as emisións e melloren a sustentabilidade. O proxecto permitirá avanzar nunha maquinaria forestal máis eficiente, segura e autónoma, impulsando ademais capacidades industriais avanzadas e novas oportunidades de negocio no ecosistema galego da innovación.
Ler máisNova convocatoria FFplus: financiamento ao 100 % para pemes e startups en proxectos de IA xerativa e computación de alto rendemento (HPC)
O proxecto Fortissimo Plus (FFplus) abrirá o próximo 3 de decembro a súa segunda convocatoria de estudos de innovación dirixida a pemes e startups europeas con experiencia en intelixencia artificial xerativa e computación de alto rendemento (HPC). As propostas deben presentarse antes do 25 de febreiro de 2026 ás 17:00 (hora de Bruxelas) a través do portal do proxecto ffplus-project.eu. O programa ofrece financiamento ao 100 % dos custos directos elixibles (sen custos indirectos nin gastos xerais), cun máximo de 200 000 € por peme e ata 300 000 € por consorcio. Os proxectos seleccionados terán unha duración de 10 meses, con inicio previsto o 1 de xullo de 2026.
Máis informaciónConvocatoria IMCAP 2026: apoio a proxectos de comunicación sobre a Política Agrícola Común (PAC)
A Comisión Europea abriu a convocatoria IMCAP-2026-INFOME, destinada a proxectos de información e comunicación sobre a Política Agrícola Común (PAC). O obxectivo é achegar a PAC á cidadanía, especialmente á mocidade urbana e ao sector agrario, promovendo unha comprensión máis ampla do seu papel na sustentabilidade, a innovación e o apoio ao medio rural. As propostas poden presentarse ata o 14 de xaneiro de 2026 ás 17:00 (hora de Bruxelas) e deben propoñer accións de grande impacto, como campañas multimedia, eventos, actividades en redes sociais ou produción de materiais divulgativos. A convocatoria financia proxectos que informen de forma obxectiva, baseada en evidencias e coherente cos obxectivos da PAC, destacando cuestións como a renda xusta para o sector, a resiliencia da agricultura europea, a biodiversidade e a loita contra a desinformación no ámbito agrario.
Máis informaciónConvocatoria LILAS4SOILS: selección de tecnoloxías MRV para testar en Living Labs europeos
O proxecto europeo LILAS4SOILS abriu unha convocatoria para seleccionar ata 15 solucións tecnolóxicas de MRV (Measurement, Reporting & Verification) que serán testadas en 100 granxas reais de seis países mediterráneos. As entidades interesadas (pemes, start-ups, spin-offs ou equipos de investigación) poden presentar a súa candidatura ata o 24 de xaneiro de 2026. As solicitudes deben incluír documentación legal, información do equipo e unha presentación técnica (máx. 8 diapositivas) describindo a metodoloxía, os resultados obtidos, o plan de probas e o impacto esperado. A avaliación baséase en excelencia técnica, viabilidade e impacto, e os resultados comunicaránse o 6 de marzo de 2026.
Máis informaciónOpen Horizons: apoio a startups dixitais e deep tech lideradas por mulleres
A iniciativa europea Open Horizons abriu a súa convocatoria para apoiar startups dixitais e deep tech lideradas por mulleres en fases temperás. As entidades seleccionadas accederán a un programa de innovación aberta con corporacións europeas, que inclúe mentoría, formación, matchmaking e ata 55.000 € de financiamento equity-free. A convocatoria está aberta a startups establecidas na UE ou países asociados, lideradas por mulleres cun mínimo do 25 % de participación e activas en ámbitos como IA, computación avanzada, ciencias da vida ou robótica. O prazo de solicitude remata o 29 de xaneiro de 2026 ás 17:00 CET
Máis informaciónXornada sobre oportunidades de cooperación tecnolóxica España–Brasil no marco Eureka
Data: Do 04/12/2025 ata 04/12/2025
O vindeiro 4 de decembro ás 10:00 h celebrarase na Casa do Brasil (Madrid) unha xornada dedicada a presentar a primeira convocatoria FINEP-CDTI 2026, no marco de Eureka. O encontro servirá para afondar nas posibilidades de colaboración tecnolóxica entre España e Brasil, dando continuidade ao diálogo de innovación sobre "Alimentos de maior calidade e valor engadido" celebrado o pasado mes de xuño en Río de Xaneiro. A sesión incluirá unha mesa redonda coas entidades participantes naquel diálogo, así como a exposición das oportunidades de cooperación por parte de CARTIF, CNTA e FIAB, xunto cos detalles da nova convocatoria e información sobre a misión brasileira prevista para 2026.
Ver detallesPlataforma de brokerage para as convocatorias 2026 do Clúster 6 de Horizonte Europa
Data: Do 21/01/2026 ata 21/01/2026
O 21 de xaneiro de 2026 terá lugar en Bruxelas o evento de brokerage organizado pola rede CARE4BIO, dirixido a entidades interesadas nas convocatorias 2026 do Clúster 6 de Horizonte Europa (“alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medio ambiente”). A plataforma permite concertar reunións bilaterais entre participantes europeos e doutros países para crear consorcios e explorar novas ideas de proxecto. A actividade complementa os Info Days da Comisión Europea (22–23 de xaneiro) e manterá aberta a inscrición ata completar o aforo.
Ver detallesGREENET: Evento para as convocatorias 2026 do Clúster 5 de Horizonte Europa
Data: Do 14/01/2026 ata 14/01/2026
O vindeiro 14 de xaneiro de 2026 terá lugar o GREENET Virtual Brokerage Event, un encontro dirixido a entidades interesadas nas convocatorias 2026 do Clúster 5 – Clima, Enerxía e Mobilidade de Horizonte Europa. O evento, organizado pola rede de NCPs (National Contact Points) GREENET coa colaboración da Enterprise Europe Network, inclúe unha sesión de pitching (10:00–12:00 CET) e reunións bilaterais en liña (12:00–18:00 CET), ofrecendo unha oportunidade única para presentar ideas de proxecto, consolidar consorcios e atopar socios internacionais. A participación é gratuíta, pero require inscrición — aberta ata o 19 de decembro de 2025— e activación do perfil na plataforma.
Ver detallesGalicia apoia a nova Estratexia do Mercado Único para impulsar máis oportunidades ás empresas galegas
A Xunta, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, manifestou en Bruxelas o seu apoio á nova Estratexia do Mercado Único presentada pola Comisión Europea, orientada a reducir barreiras, simplificar trámites e reforzar a competitividade das pemes europeas. No pleno da Comisión de Política Económica (ECON) do Comité Europeo das Rexións, o director xeral Jesús Gamallo subliñou que un mercado interior «máis sinxelo, fluído e forte» ofrece novas posibilidades para as empresas galegas, favorecendo a súa capacidade innovadora, a súa diversificación e o acceso a un mercado de 450 millóns de consumidores. Galicia insta a seguir avanzando na eliminación de obstáculos e destaca que estas melloras tamén poden atraer máis investimento privado á comunidade.
Ler máisProcúranse socios para proxecto europeo de reciclaxe avanzada de baterías de ión-litio
Procúranse socios de investigación e industriais para colaborar cunha empresa europea especializada en procesos hidrometalúrxicos de reciclaxe de baterías LFP (Lithium Iron Phosphate) e NMC (Nickel Manganese Cobalt). O obxectivo é desenvolver, validar e escalar tecnoloxías de recuperación de litio e outros materiais de alta pureza, optimizando a eficiencia enerxética, a automatización do proceso e a sustentabilidade ambiental. Buscan socios con capacidades en caracterización de materiais, electroquímica, modelización de procesos, avaliación ambiental ou acceso a materias primas recicladas.
ContactarProcúranse socios con experiencia en enxeñaría química para medios de extinción de incendios
Procúranse socios de investigación ou industriais con coñecementos en enxeñaría química para colaborar cunha empresa europea que desenvolve UAVs autónomos para extinción de incendios forestais. A colaboración céntrase no desenvolvemento de medios de extinción de alta eficiencia optimizados para drons, equilibrando eficacia química, peso e dispersión ao aire libre, coa posibilidade de futuras colaboracións comerciais.
ContactarProcúranse expertos en dereito mariño para proxecto LIFE sobre descarbonización industrial
Procúranse socios europeos con experiencia en dereito e permisos mariños para colaborar cun consorcio italiano no proxecto LIFE-CHIMERA. O obxectivo é avaliar marcos legais e de gobernanza para a implementación de Ocean Alkalinity Enhancement (OAE) noutros Estados membros da UE, contribuíndo á creación dun marco regulatorio baseado na ciencia e á replicabilidade da solución de descarbonización da produción de cal.
ContactarColaboración internacional en proxecto de software de xestión con intelixencia artificial
Buscanse socios internacionais con experiencia en intelixencia artificial para colaborar cunha empresa italiana especializada en software web de xestión. O obxectivo é desenvolver conxuntamente solucións innovadoras, adaptar tecnoloxías ao mercado italiano e participar en proxectos europeos de investigación e desenvolvemento. Esta colaboración permitirá combinar coñecemento técnico, acceso a clientes locais e potencial de financiamento europeo.
Contactar