|
Número 11 Decembro 2025 |
Publicado o Programa de Traballo 2026 do Consello Europeo de Innovación
O Consello Europeo de Innovación (EIC) de Horizonte Europa publicou o seu Programa de Traballo 2026, con un orzamento total de 1.424 millóns de euros que inclúe convocatorias como Pathfinder Open e Retos, Transition, Acelerador, STEP Scale-up e os novos Retos Avanzados de Innovación. Entre as novidades destacan un redeseño do proceso de avaliación do Acelerador, a implementación de entrevistas en Bruxelas e a apertura da primeira fase dos Retos Avanzados de Innovación en temáticas como intelixencia embebida para robótica e metodoloxías para substituír ensaios preclínicos con animais. Este programa busca fortalecer o ecosistema europeo de innovación e apoiar ás empresas, universidades e centros de investigación no desenvolvemento de proxectos con alto potencial de impacto.
Ler máisAberta a convocatoria Erasmus+ KA220-SCH para proxectos de cooperación en educación escolar
A convocatoria Erasmus+ KA220-SCH (Call 2026 | Round 1) apoia proxectos de cooperación internacional destinados a mellorar a calidade da educación escolar mediante innovación pedagóxica, creación de redes transnacionais e desenvolvemento de novos métodos e recursos. Procúranse organizacións interesadas en fortalecer a súa capacidade de traballo europeo, crear resultados educativos transferibles e contribuír á modernización da educación a través de prácticas innovadoras e colaborativas. Permanecerá aberta ata o 5 de marzo de 2026.
Máis informaciónConvocatorias abertas Horizonte Europa: Clúster 5 “Clima, Energía e Movilidade” ate xaneiro 2026
Se encuentran abiertas las convocatorias del Clúster 5 de Horizonte Europa, centradas en “Clima, Energía y Movilidad”, con fecha de cierre prevista para el 20 de enero de 2026. Estas oportunidades de financiación abarcan desde soluciones transversales para la transición climática y el suministro de energía sostenible, hasta la movilidad segura, resiliente e inteligente para pasajeros y mercancías. Las empresas, centros de investigación y organizaciones interesadas pueden consultar los distintos temas disponibles y preparar sus propuestas para contribuir a la innovación, sostenibilidad y eficiencia energética en Europa.
Máis informaciónConvocatorias EuroHPC para aplicar a supercomputación en distintas áreas
A Axencia Estatal de Investigación (AEI) anunciou a cofinanciación das novas convocatorias da EuroHPC Joint Undertaking (EuroHPC JU), destinadas a impulsar o desenvolvemento de aplicacións avanzadas de supercomputación en Europa. Estas axudas enmárcanse no programa Establishing HPC Centres of Excellence and Lighthouse Codes, dentro da área de Tecnoloxías da Información e Comunicación, e teñen como obxectivo reforzar o liderado europeo en HPC (High Performance Computing), promover aplicacións escalables e eficientes en enerxía e integrar intelixencia artificial e big data en aplicacións científicas e industriais. A data límite para presentar propostas é o 20 de xaneiro de 2026 ás 17:00 CET, nun modelo de presentación en fase única.
Máis informaciónEuropa aposta pola computación cuántica industrial coa convocatoria Quantum Grand Challenge
Esta convocatoria invita ás startups europeas de computación cuántica a desenvolver solucións con clara perspectiva de mercado. O proceso divídese en dúas fases: a primeira para preparar unha folla de ruta técnica e financeira con prototipos ou probas de principio, e a segunda para acadar madurez tecnolóxica e preparación para o mercado, en liña cos obxectivos de innovación, competitividade e crecemento sostible en sectores estratéxicos.A data límite de propostas é o 29 de xaneiro de 2026.
Máis informaciónXornada informativa de Horizonte Europa Clúster 5: Clima, Enerxía e Mobilidade
Data: Do 15/01/2026 ata 15/01/2026
Se tes interese nas oportunidades de financiamento para proxectos de investigación e innovación nas áreas de clima, enerxía e mobilidade, non perdas a Xornada Informativa do Cluster 5 de Horizonte Europa o 15 de xaneiro de 2026. Este evento en liña ofrecerá información sobre o contexto político, orientación para preparar propostas de alta calidade, e sesións paralelas interactivas por temática, permitindo aos participantes resolver as súas dúbidas en tempo real mediante Slido. Ademais, o 14 de xaneiro celebrarase un brokerage event organizado polo proxecto GREENET para facilitar encontros e buscar socios internacionais.
Ver detallesXornada de Horizonte Europa sobre as EU Missions en Saúde, Clima e Medio Ambiente
Data: Do 28/01/2026 ata 29/01/2026
Oportunidade para descubrir as novas convocatorias e temas 2026 das EU Missions baixo Horizonte Europa o 28 e 29 de xaneiro de 2026. Este evento en liña permitirá aos participantes aprender como contribuír ás solucións concretas para retos sociais clave en adaptación ao cambio climático, cancro, cidades intelixentes, océanos e augas, e saúde do solo. A través de Slido e encontros bilaterais, os asistentes poderán presentar as súas capacidades, ideas de proxecto e establecer colaboracións para formar consorcios competitivos nas chamadas de 2026. A inscrición é obrigatoria.
Ver detallesHorizonte Europa Cluster 6 Info Days: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente
Data: Do 22/01/2026 ata 23/01/2026
Info days do Cluster 6 os próximos 22 e 23 de xaneiro de 2026 en Bruxelas e en liña para coñecer os temas do programa de traballo 2026. As xornadas ofrecerán unha visión do contexto político, sesións key-to-success con consellos para propostas de calidade, e presentacións específicas de cada tema. O primeiro día inclúe sesións plenarias e de destinos 2 e 3, mentres que o segundo día abordaranse os destinos 1, 4, 5, 6 e 7, rematando con espazos para networking e intercambio de experiencias.
Ver detallesCrecemento do centro tecnolóxico GRADIANT en Vigo con forte financiación pública e privada
O centro de innovación GRADIANT, con sede en Vigo, multiplicou os seus ingresos e plantilla nos últimos anos e consolídase como referente en deep tech, obtendo máis de 96 M€ en financiamento público e privado para potenciar tecnoloxías clave como IA, ciberseguridade e comunicacións intelixentes.
Ler máisLiña de axudas da Xunta para promover taxi adaptado e sostible
A Xunta destina 500.000€ para fomentar a modernización do taxi galego, mellorando a accesibilidade e a sustentabilidade mediante a incorporación de vehículos adaptados ou de baixas emisións
Ler máisRueda subliña o impulso da investigación galega grazas ao investimento, ao talento e ao recoñecemento internacional
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o excelente momento que atravesa a investigación en Galicia, impulsada por unha maior inversión, medidas para atraer e reter talento e un crecente recoñecemento internacional. Rueda salientou que falar de I+G+i é “poñerlle nome á ciencia que xa está mellorando a saúde, a industria e a tecnoloxía”, e salientou o valor dun ecosistema de investigación único que reflicte o concepto de Galicia Calidade. A Xunta destina máis de 1.300 millóns de euros ata 2027 para promover a innovación e constituiu a Fundación Galtia para atraer trinta investigadores de primeiro nivel. Ademais, Galicia conta coa liña cuántica máis longa de España e será sede dunha das seis novas fábricas de intelixencia artificial de Europa.
Ler máisProcúranse socios para un proxecto Erasmus+ que desenvolverá unha plataforma de IA para analizar interaccións entre medicamentos, alimentos e suplementos
Procúranse entidades interesadas en participar nun proxecto Erasmus+ KA220 centrado no desenvolvemento dunha plataforma dixital baseada en intelixencia artificial para identificar e interpretar interaccións entre medicamentos, alimentos e suplementos. A iniciativa require socios con capacidades en validación científica, deseño accesible, IA, desenvolvemento tecnolóxico, creación de materiais educativos, pilotaxe con grupos de usuarios e actividades de difusión. O proxecto busca fortalecer a alfabetización en saúde e promover ferramentas dixitais inclusivas e multilingües de acceso aberto.
ContactarProcúranse socios europeos para proxecto Erasmus+ sobre identidade cultural e memoria rural
Procúranse entidades europeas interesadas en participar nun proxecto Erasmus+ previsto para 2026 centrado na recuperación da identidade cultural en zonas rurais afectadas por procesos de perda de memoria histórica. A iniciativa aposta por intervencións artísticas participativas, investigación cultural e traballo comunitario, e está aberta á incorporación tanto de socios como de entidades coordinadoras con experiencia en proxectos europeos.
ContactarProcúranse socios industriais para proxecto europeo de inmunoterapia oncolóxica (EIC Pathfinder 2026)
Procúranse socios industriais europeos para integrarse nun consorcio que prepara unha proposta á convocatoria EIC Pathfinder Open 2026. O proxecto aborda o desenvolvemento de terapias innovadoras para superar a resistencia á inmunoterapia en cancro colorrectal e outros tumores sólidos, combinando pequenas moléculas e plataformas de nanomedicina de precisión, con claras perspectivas de avance cara ao desenvolvemento clínico.
ContactarNovo proxecto europeo abordará a resistencia aos antibióticos a través de vesículas extracelulares bacterianas
Procúranse entidades europeas para participar nun proxecto internacional orientado á convocatoria OH-AMR 2026, centrado na caracterización multi-ómica de vesículas extracelulares bacterianas procedentes de cepas resistentes e sensibles aos antibióticos. A iniciativa combina microbioloxía, tecnoloxías ómicas avanzadas e bioinformática para identificar novos biomarcadores con potencial diagnóstico e terapéutico fronte á resistencia antimicrobiana.
ContactarInnovación na educación infantil: buscan socios académicos internacionais
Procúrase a colaboración de socios académicos para un proxecto Erasmus+ KA220-SCH centrado na integración de Intelixencia Artificial e aprendizaxe STEM na educación infantil. Os socios participarán no deseño de actividades, formación de docentes e implementación de pilotos en prescolares, contribuíndo á avaliación dos resultados e á transferencia internacional do modelo pedagóxico.
ContactarInnovación na formación en matronaría: procúrase colaboración europea
Buscanse socios académicos, tecnolóxicos, clínicos e entidades públicas para participar nun proxecto Erasmus+ KA220-HED que desenvolverá módulos de formación inmersivos baseados en Realidade Aumentada e Intelixencia Artificial para estudantes de matronaría. A colaboración incluirá deseño de contidos, pilotaxe con estudantes e difusión de resultados a nivel europeo.
Contactar