|
Número 03 Marzo 2026 |
Novas convocatorias Clúster 3: Seguridade Civil para a sociedade
O vindeiro 16 de abril, na Sede da Autoridade Portuaria da Coruña, a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación das convocatorias en materia de seguridade encadradas no Cluster 3 do Programa Horizonte Europa (HE).
Estas convocatorias financiarán unha ampla variedade de actividades, que inclúen o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas (xestión e tratamento de datos, ciberseguridade, robótica, infraestruturas dixitais, IoT, etc), loxísticas, enerxéticas (mobilidade, eficiencia) ou baseadas en drons, así como a posta en marcha de novas prácticas de comunicación, o deseño de materiais e infraestruturas (industriais e urbanas) ou o tratamento de residuos especiais. A aplicación destes desenvolvementos debe centrarse na seguridade civil, a resposta a desastres naturais, a mellora da convivencia social ou a loita contra o terrorismo e outras ameazas.
A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Marina Martínez García, Punto Nacional de Contacto do CDTI para o Cluster 3 de HE. Durante a sesión tamén se presentarán os principais retos da seguridade en Galicia, así coma os topics do Programa de Traballo que sexan de maior interese para os participantes.
Ler máisA Iniciativa Urbana Europea abre a súa 4ª convocatoria de Accións Innovadoras cun orzamento de 60 millóns de euros para as cidades
Está aberta a cuarta convocatoria de propostas EUI – Innovative Actions (EUI-IA), unha oportunidade estratéxica para que as cidades de máis de 25.000 habitantes experimenten con solucións audaces fronte a desafíos urbanos complexos. Cun orzamento provisional de 60 millóns de euros procedentes do FEDER, a convocatoria financiará proxectos en áreas críticas como a competitividade, a inclusión social, o cambio climático ou a dixitalización, ofrecendo un cofinanciamento de ata 2 millóns de euros por iniciativa. As entidades interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 15 de xuño de 2026 ás 14:00 (CEST) para presentar as súas solicitudes de forma telemática.
Para afondar nos detalles destas oportunidades, a Axencia Galega de Innovación organiza o vindeiro 8 de abril o "Infoday de novas convocatorias Urbact e European Urban Initiative" do que podes atopar mais información na seguinte ligazón:
Infoday de novas convocatorias Urbact e European Urban Initiative
Máis informaciónNova oportunidade en Horizonte Europa: Asociación Europea para as Transformacións Sociais e a Resiliencia
A Comisión Europea anunciou a próxima apertura da convocatoria HORIZON-CL2-2026-02-TRANSFO-01, unha iniciativa dotada con 60 millóns de euros para fortalecer a resiliencia e a cohesión social ante os grandes retos actuais (cambio climático, dixitalización e cambios demográficos). Esta axuda, que se xestionará baixo un modelo de cofinanciamento, está dirixida a crear programas de investigación e innovación que modernicen a protección social, definan o futuro do traballo e garantan unha transición climática xusta. Para as pemes galegas, supón unha canle estratéxica para participar en proxectos transnacionais, acceder a financiamento en fervenza e colaborar con socios de toda Europa en solucións innovadoras con impacto social e económico.
IA Xenerativa: Cara a un mercado cultural xusto e transparente
Esta convocatoria de Horizon Europe (HORIZON-CL2-2026-01-HERITAGE-04), dotada con 12 millóns de euros, busca proxectos que desenvolvan solucións tecnolóxicas e marcos legais para protexer os dereitos dos creadores fronte á IA xenerativa. O obxectivo é financiar o deseño de ferramentas de detección de contido manipulado, sistemas de trazabilidade para o adestramento de algoritmos e novos modelos de negocio que garantan unha remuneración equitativa e a transparencia en toda a cadea de valor das industrias culturais e creativas. A data de apertura é o 12 de maio de 2026.
Máis informaciónOportunidade de financiamento e colaboración en Agri-Tech: Aberto o matchmaking do proxecto GATE5.0
Data: Do 01/03/2026 ata 30/04/2026
Informamos do lanzamento do proceso de matchmaking de GATE5.0, unha iniciativa europea deseñada para impulsar a transformación dixital e sostible do sector agroalimentario. Este programa ofrece unha plataforma única para que pemes agroalimentarias con retos operativos e pemes tecnolóxicas (IA, IoT, robótica) conecten e co-deseñen proxectos de innovación. Os consorcios seleccionados poderán optar a unha axuda de ata 118.500 € para o desenvolvemento e validación das súas solucións. O prazo de inscrición e busca de socios na plataforma B2Match estará aberto ata o 30 de abril.
Ver detallesParticipa na revisión dos ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia
Data: Do 09/04/2026 ata 09/04/2026
Ante a evolución constante dos escenarios económico e tecnolóxico a nivel global, así como a gobernanza dinámica esixida pola Comisión Europea, iniciamos o proceso de revisión do perfil de especialización da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027. Para iso, convocamos o vindeiro 9 de abril unha serie de mesas de traballo participativas nas que poderás contribuír á revisión dos ámbitos de priorización da RIS3 2021-2027.
Ver detallesA Xunta impulsará a I+G+i nas pequenas e medianas empresas a través dunha nova liña de axudas dotada con 3 M€
A Xunta de Galicia blinda o apoio ás pequenas e medianas empresas no seu desenvolvemento en materia de I+G+i a través do novo programa Ciencia-Empresa, dotado con 3 M€, que foi presentado hoxe polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nun acto no que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
Ler máisIntelixencia Artificial para blindar a resiliencia fronte aos ciberataques en Europa
Procúranse socios para conformar un consorcio internacional baixo o programa Horizonte Europa (Cluster 3). O proxecto céntrase no desenvolvemento dunha plataforma de formación en ciberseguridade impulsada por intelixencia artificial, deseñada para formar aos traballadores en ciberseguridade e protexer tanto a infraestruturas estratéxicas como a pemes. A iniciativa busca universidades, centros tecnolóxicos e empresas con experiencia en seguridade dixital e intelixencia artificial para validar metodoloxías en contornas reais e asegurar o cumprimento das novas normativas europeas.
ContactarInnovación en conxelación vibratoria para o sector premium
Procúranse socios tecnolóxicos e de investigación para o desenvolvemento conxunto dunha nova tecnoloxía de conxelación direccional vibratoria. O obxectivo é acadar procesos de cristalización optimizados para a produción de xeo de alta densidade e transparencia cristalina, eliminando as burbullas de aire. A colaboración céntrase no deseño de prototipos e na validación industrial de sistemas de refrixeración avanzados, con vistas a presentar candidaturas a programas europeos de financiamento de I+D.
ContactarSolucións naturais para a limpeza de augas: Procúranse expertos en biorremediación para Horizonte Europa
Procúranse empresas e actores do sector da auga interesados en participar nun consorcio internacional para unha proposta da convocatoria Horizonte Europa 2026. O proxecto busca desenvolver e validar tecnoloxías de biorremediación para eliminar contaminantes emerxentes (microplásticos, PFAS) en contornas acuáticas. As entidades participantes colaborarían na execución de probas en contornas controladas e na implementación de ferramentas de xestión de riscos a gran escala, contribuíndo á protección dos ecosistemas mariños e de auga doce.
ContactarImpulso á farmacoxenómica: Alianza europea para a formación en medicina personalizada
Procúranse socios para integrar un consorcio internacional que desenvolverá currículos educativos e microcredenciais no ámbito da farmacia xenómica. A iniciativa, enmarcada en Erasmus+, céntrase na creación de ferramentas de formación para profesionais sanitarios e técnicos de laboratorio, incluíndo o desenvolvemento de simuladores baseados en IA para a decisión clínica.
ContactarPulseiras intelixentes e formación dixital: un paso adiante na seguridade do paciente
Procúranse socios para un consorcio internacional que lidera unha proposta Erasmus+ dirixida a transformar a seguridade clínica en Europa. A iniciativa céntrase no desenvolvemento de sistemas wearable (pulseiras QR) e módulos de formación avanzada para previr erros médicos en áreas corporais protexidas. O proxecto ofrece a oportunidade de colaborar no deseño de ferramentas de e-health e na creación de estándares educativos europeos para o sector sanitario.
ContactarTransformación de emisións industriais en químicos de valor: Oportunidade en Horizonte Europa
Procúranse socios industriais para participar nun proxecto de Horizonte Europa centrado na conversión de CO₂ procedente da industria do aceiro en ácido acético e hidróxeno renovable. A iniciativa utiliza nanoarquitecturas catalíticas e reactores de membrana para mellorar a eficiencia da economía circular. O perfil buscado inclúe produtores de aceiro, fabricantes de produtos químicos ou empresas de enxeñaría con capacidade para realizar análises tecno-económicas e plans de escalado industrial.
ContactarFerramentas intelixentes para o cumprimento da nova Lei de IA Europea (AI Act)
Procúranse socios estratéxicos para o desenvolvemento dun toolkit modular que axude ás organizacións a cumprir cos requisitos técnicos e de supervisión humana da AI Act (Ley de IA Europea). O proxecto céntrase en sistemas de IA de alto risco e inclúe solucións para a mitigación de sesgos e a formación de operadores, buscando entidades interesadas en participar na súa validación e desenvolvemento técnico.
Contactar