Servizos de mellora competitiva en innovación para as Pemes Galegas
O programa Re-acciona é un programa de servizos a pemes que, a través de empresas prestadoras de servizos especializadas, permítelles executar proxectos de mellora en distintos ámbitos.
Nesta convocatoria do programa Re-acciona, GAIN colabora co IGAPE (xestor do programa) en pór a disposición das empresas galegas tres novos servizos de apoio do Programa Re-acciona Innovación:
Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
Desenvolvemento de novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.
Protección da innovación
Impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais).
Asesoramento para o financiamento da innovación
Dirixido a establecer unha estratexia para a obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais.
Lugar: Centro de Iniciativa Empresarial (CIE) (Rúa D, Paralela 3, Edificio CIE-Sala Formación, Polígono Industrial A Granxa, Porriño, Pontevedra) Programa e formulario de inscrición
A participación de Congalsa no programa Fábrica Intelixente da Xunta amosa o compromiso da empresa por facer da transformación dixital unha oportunidade para seguir medrando
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a participación de Congalsa no programa Fábrica Intelixente da Xunta amosa o compromiso da empresa por facer da transformación dixital unha oportunidade para seguir medrando. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións para coñecer de primeira man os avances que esta empresa está a facer no eido da Industria 4.0.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.