Ver a versión en liña
Camiño de futuro
No marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, xunto coa Consellería de Medio Rural e a Consellería do Mar, poñen en marcha a iniciativa ''Camiño de futuro''.

Durante os meses de marzo e abril, realizaránse en distintas localidades, encontros para presentar as axudas públicas a disposición das empresas galegas.
 
EVENTOS NETWORKING

Organizamos  14 eventos de networking por todo o territorio galego para presentar os apoios da Xunta de Galicia para a mellora competitiva e económica das empresas galegas. Os encontros realizaranse en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP)

Tamén haberá mesas redondas, onde se darán a coñecer casos de éxito de pemes innovadoras referentes nas comarcas dos encontros pertencentes a distintos sectores da economía galega. 

CONTINUIDADE DO CAMIÑO DA INNOVACIÓN

''Camiño de Futuro'' e unha nova actuación para o Impulso na Innovación nas Pemes de Galicia, que comenzou cos “Camiños da Innovación”, que durante o ano 2021 percorreu  un total de 18 localidades das catro provincias, con máis de 240 asesoramentos realizados a pemes galegas e máis de 550 persoas asistentes aos encontros.

Xa tedes dispoñible o calendario dos primeiros seis eventos networking! Proximamente estarán á vosa disposición os restantes eventos.

Formulario de inscrición
Mapa de apoios 2022

Xa está publicada a planificación  para o ano 2022 das axudas da Axencia Galega de Innovación. Podes atopalo clicando aquí.

Novas

Ver todas

27 de Febreiro de 2022

A Xunta e a Fundación Barrié reforzan a súa colaboración para impulsar a transferencia de coñecemento no sistema de I+D+i galego

  A Xunta autorizou consolidar a colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega da Innovación (Gain), e a Fundación Barrié para deste xeito seguir impulsando a transferencia de coñecemento no sistema de I+D+i galego. Para a materialización do acordo, contarase cun orzamento de 1,22M€, dos que o Goberno galego achegará un millón. Este nivel de cooperación permitirá ampliar o labor que ambas institucións realizan a través do programa Ignicia.

Ler máis

26 de Febreiro de 2022

Nove empresas líderes compiten para ser as novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata o 2025

 Airbus, Babcock, Boeing Aerospace Spain, Indra, Sistemas y Montajes Industriales, Telefónica, Telespazio, CT Ingenieros e Aertec-Tecnobit son as nove empresas que aspiran a converterse nos novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata 2025.

Ler máis

24 de Febreiro de 2022

O compostelán Lois Orosa será o novo director do Centro de Supercomputación de Galicia

 O Padroado do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) celebrado hoxe aprobou o nomeamento como novo director xerente desta entidade a Lois Orosa Nogueira, que substitúe no cargo a Mauro Fernández Dabouza.

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Marzo

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Advanced Grants 2022

A Axencia Galega de Innovación, a través do Programa Oportunius, apoia a participación galega nas convocatorias do European Research Council (ERC).

Ler máis
17
Marzo

Xornada sobre o Programa Neotec Mulleres Emprendedoras

A Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial ( CDTI) organizan unha xornada de presentación do Programa Neotec Mujeres Emprendedoras, para presentar as principais novidades.

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.