Ver versión en liña

Oportunidades de financiamiento para o ecosistema galego de I+D+i

Informamos a continuación sobre unha serie de convocatorias de axudas de ámbito estatal que están abertas ou próximas a abrir e que pechan ao longo do mes de xullo. Trátase fundamentalmente de apoios da Axencia Estatal de Investigación e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) para financiar actividades de I+D+i en colaboración entre varios axentes do sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Convocatorias abertas da Axencia Estatal de Investigación:
Convocatoria: Proxectos de «Proba de Concepto» 2025
Obxecto: Financiamento de proxectos que aceleren a transferencia de coñecemento e resultados xerados en proxectos de investigación, en progreso ou recentemente finalizados. Esta convocatoria busca valorizar os coñecementos e resultados dos proxectos de investigación financiados nas seguintes convocatorias:
  • Convocatoria 2020 de axudas a Proxectos de I+D+i (BDNS: 532399 )
  • Convocatoria 2021 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» (BDNS: 590214 )
  • Convocatoria 2022 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» (BDNS: 662668 )
Beneficiarios: Universidades, centros públicos de I+D+i, centros tecnolóxicos e entidades públicas e privadas vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a investigación e á innovación
Orzamento: 30M€
Prazo: 19/06/2025 – 10/07/2025
Máis información
Convocatoria: Consolidación Investigadora 2025
Obxecto: Fomentar a consolidación da carreira profesional de persoas investigadoras, nacionais e estranxeiras, para que podan desenvolver a súa carreira profesional dentro do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación (SECTI).
Beneficiarios: Organismos públicos de investigación, as universidades públicas e os seus universitarios, as universidades privadas, as entidades e institucións sanitarias públicas e privadas, os Institutos de investigación sanitaria acreditados, os Centros Tecnolóxicos e os Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal, e outros centros de I+D+i, públicos e privados.
Orzamento: 25M€
Prazo: 24/06/2025 - 15/07/2025 ás 14:00 horas
Máis información

Consulta o calendario de convocatorias da Axencia Estatal de Investigación

Calendario
Convocatorias abertas do CDTI:
Convocatoria: Misións Ciencia e Innovación
Obxecto: Financiamento de proxectos de I+D en cooperación, liderados por empresas, que dean resposta aos retos socio-económicos aos que se enfrontan a sociedade.
Na convocatoria 2025 seleccionáronse as seguintes misións:
  • Solucións tecnolóxicas para reducir as estancias hospitalarias e a presión asistencial.
  • Unha intelixencia artificial responsable.
  • Unha industria interconectada e segura que contribúa a unha maior autonomía estratéxica.
  • Planificación e gestión territorial para mellorar a resiliencia e facer fronte aos riscos climáticos.
  • Soberanía estratéxica nas materias primas minerais fundamentais para a industria e a transición enerxética.
  • Capacitación para a autonomía estratéxica en seguridade e defensa.
  • Mobilidade sostible e descarbonización do transporte colectivo e de grandes volúmenes.
Beneficiarios: Agrupacións constituídas por un mínimo de tres e un máximo de seis empresas; polo menos dúas delas autónomas entre si.
As empresas deben de estar validamente constituídas, ter personalidade xurídica propia e domicilio social en España.
No consorcio debe participar, alomenos, unha empresa coa condición de peme.
Orzamento: 60M€
Prazo: 29/05/2025 - 01/07/2025 ás 14:00 horas
Máis información

Consulta o calendario de convocatorias do CDTI

Calendario
Outras convocatorias:
Convocatoria: Fundación Biodiversidade: Apoio a programas e proxectos de impulso á bioeconomía
Obxecto: Concesión de axudas a proxectos que promovan o desenvolvemento da bioeconomía, impulsando o desenvolvemento, mellora e consolidación da infraestrutura verde, a conectividade, a restauración de ecosistemas degradados e os paisaxes multifuncionais, co obxectivo de incrementar a biodiversidade e a súa conservación, a adaptación ao cambio climático e a prevención de incendios forestais, á vez que se xeran oportunidades e emprego no medio rural e se contribúe á loita contra o reto demográfico.
Beneficiarios: Entidades sen ánimo de lucro, organismos públicos de investigación, universidades públicos e institutos de investigación, organizacións e colexios profesionais, centros tecnolóxicos e de apoio á innovación técnolóxica, centros públicos ou privados sen ánimo de lucro de I+D+i, agrupacións de persoas xurídicas
Orzamento: 39M€
Prazo: 02/06/2025 - 23/07/2025
Máis información

Novas

Ver todas

18 de Xuño de 2025

Galicia contará no Cesga cun Centro Demostrador de Datos para as Ciencias da Vida no que se investirán 9 M€

Ler máis

17 de Xuño de 2025

A Xunta avanza novos apoios á biotecnoloxía galega como referente a nivel nacional e internacional

Ler máis

16 de Xuño de 2025

Galicia capta preto de 162M€ no programa Marco Europeo de I+D+I Horizonte Europa

Ler máis

Eventos

Ver todos
25
Xuño
Curso presencial “Transferencia de tecnoloxía: valoración e negociación”

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.