Ver versión en liña

Publicación da convocatoria de Misións RIS3 e xornada de presentación

O vindeiro 14 de febreiro publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de Misións RIS3, dirixida a apoiar a realización de proxectos de I+D, innovación e investimento produtivo de carácter estratéxico para Galicia. Ese mesmo día celebraremos unha xornada técnica de presentación da convocatoria na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela.

Principais claves da convocatoria
As misións son un elemento novidoso da RIS3 2021-2027, definidas a través dun proceso participativo cos axentes do ecosistema galego de innovación, que fixan metas cuantificables e alcanzables para dar resposta aos retos establecidos no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia.
Esta convocatoria busca mobilizar e aliñar capacidades empresariais, de coñecemento e tecnolóxicas de diferentes axentes para desenvolver proxectos con capacidade de impacto real a nivel produtivo e social. Financiarase, como mínimo, un proxecto por misión.
A convocatoria está dirixida a consorcios formados por un mínimo de 3 empresas (1 tractora e 2 pemes) e poderán participar ademais centros tecnolóxicos e de apoio á innovación; universidades; organismos de investigación; entidades e centros sanitarios que desenvolvan I+D+i; entidades sen ánimo de lucro que fagan I+D+i e agrupacións ou asociacións empresariais.
Dotada con 15M€, a intensidade da axuda pode chegar ata o 60% e o orzamento do proxecto debe estar entre 600.000€ e 5M€, durante un período de entre 2 anos e 3 anos e medio.
Cales son as misións identificadas?
Misión 1: Contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático do sector primario de Galicia, a partir da redución da súa pegada nun 10% (carbono, hídrica, ecolóxica) en 2030 mediante a circularidade e a simbiose entre actuacións, así como a rexeneración dos ecosistemas.
Misión 2: Contribuír á redución do 57% das emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia, con respecto a 1990 para o ano 2030 incrementando a reutilización de materias primas, produtos e materiais xa presentes no ciclo produtivo.
Misión 3: Contribuír, de cara ao 2030, a incrementar os anos de vida saudable de 84 a 88, mediante a redución de enfermidades ou problemas de enfermidades non transmisibles e a mellora da calidade de vida (hábitos e contornas saudables e seguras).
Xornada de presentación
Para explicar os detalles da convocatoria, celebraremos unha xornada técnica o 14 de febreiro na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela. Nela, representantes de Gain e Igape presentarán as características da convocatoria, resolverán dúbidas e, ao rematar, habilitaráse un espazo para que aquelas entidades que o desexen manteñan reunións bilaterais para posibles consorcios.
O obxectivo desas reunións bilaterais é compartir ideas e valorar unha posible colaboración para participar nesta convocatoria de misións.

Accede ao programa e inscríbete no seguinte enlace!

Inscríbete!

Novas

Ver todas

31 de Xaneiro de 2024

A Xunta informa en Ourense dos apoios para que as Pemes e microempresas aposten pola innovación

Ler máis

30 de Xaneiro de 2024

A Xunta pon en valor a actividade Fly the future de Avincis como impulsora de novas vocacións no sector aeroespacial

Ler máis

29 de Xaneiro de 2024

A Xunta e InvestiGal organizan o I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro

Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Febreiro
Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Vilagarcía de Arousa)

06
Febreiro
Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Ferrol)

06
Febreiro
Espectáculo D’tec Día da muller e a nena na Ciencia 2024

07
Febreiro
Xornada Ignicia Proba de Concepto

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.