Ver a versión en liña

En marcha o proceso para fortalecer a Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

O pasado 7 de maio preto de cen representantes do ecosistema de I+D+i de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse en Vigo para traballar na estratexia transfronteiriza para o actual periodo. Celebrarase un novo encontro a comezos de xullo en Portugal para seguir con este proceso a prol da RIS3T, recoñecida como exemplo de boa práctica pola Comisión Europea.

Impulso á RIS3T para encarar os novos retos sociais
Ao redor de cen representantes do ecosistema de I+D+i da Eurorrexión -universidades, centros tecnolóxicos, empresas e administracións públicas- participaron no primeiro obradoiro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), celebrado a comezos de mes nas instalacións do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).
Neste evento análizáronse cuestións como a importancia da I+D+i:
  • como motor para o crecemento económico,
  • para a retención e atracción de talento á Eurorrexión,
  • para facer fronte aos grandes retos sociais compartidos, como o envellecemento da poboación.
Conclusións do evento
O evento, que deixou clara a oportunidade de afondar na cooperación interrexional como ferramenta que permite unir esforzos para actuar ante os cambios sociais, serviu para continuar o traballo de maneira conxunta no fortalecemento da RIS3T. Estas accións dan continuidade ao traballo comezado no 2014 e que mereceu o recoñemento da Comisión Europea como caso de boa práctica.
Para estimular e apoiar o debate durante a xornada presentáronse as conclusións dunha análise da evolución recente e características do ecosistema de I+D+I da Eurorrexión, que aborda o período cuberto desde o 2014 ata a actualidade.

Podes consultar esta análise na seguinte ligazón.
Próximos pasos neste proceso
Este proceso continuará ata finais de 2024, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-NORTE), ao abeiro do proxecto GOBERNANZA_GNP_1_E, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea.

En concreto, o mércores 3 de xullo está prevista a celebración dun segundo obradoiro na localidade portuguesa de Ponte de Lima, que volverá contar cos axentes da I+D+i da Eurorrexión.

Novas

Ver todas

22 de Maio de 2024

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa Rede de Investigación Universitaria de Excelencia, cuxo financiamento se incrementa nun 31%

Ler máis

21 de Maio de 2024

A Xunta ampliará o número de investigadores Oportunius con tres novas prazas para captar e reter talento científico

Ler máis

16 de Maio de 2024

Román Rodríguez aposta por impulsar a transferencia de coñecemento entre os centros de investigación e o tecido produtivo a través dun novo plan de I+D+i

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Maio
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

29
Maio
Convocatorias Horizonte Europa para proxectos de I+D+i en seguridade

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.