Ver a versión en liña

Presentación dos proxectos galegos de Compra Pública de Innovación

O vindeiro 9 de xullo celebraremos na Sala Eisenman da Cidade da Cultura unha xornada de presentación dos proxectos galegos de Compra Pública de Innovación que optan a financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Liña de Fomento da Innovación dende a Demanda (Liña FID). O obxectivo destes proxectos é mellorar os servizos públicos prestados pola Xunta de Galicia mediante a incorporación de solucións innovadoras en ámbitos como o hidróxeno verde, a educación, o aproveitamento de recursos naturais ou a xestión innovadora da sanidade pública.

Inscríbete!
A innovación busca dar resposta ás necesidades e retos que a sociedade actual demanda
Proxectos innovadores
As nove propostas presentadas son froito dunha iniciativa promovida pola Axencia Galega de Innovación, no marco da Comisión Interdepartamental de I+D+i, de recollida previa das necesidades dos distintos departamentos para a súa valoración.
No caso de ser aprobadas, o Ministerio financiará o 60% do orzamento con fondos FEDER plurirrexional e a Xunta de Galicia financiará o 40% restante con fondos propios.

Este é o listado de proxectos que se van presentar:
  • Centro Galego de Experimentación en almacenamento enerxético e solucións innovadoras vinculadas ao hidróxeno verde (Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético)
  • Smartmin Tech (Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas)
  • Innomar (INEGA)
  • Solucións Civil UAVs Initiative 2030 (Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial)
  • SICLE CO2 (Dirección Xeral da Calidade Ambiental e Sostibilidade)
  • EdugalIA (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa)
  • Solucións innovadoras con base en recursos forestais de proximidade (XERA)
  • Augatech (Augas de Galicia)
  • Precisaúde (ACIS/SERGAS)

Descrición da xornada
A xornada está dirixida a toda persoa ou entidade interesada na Compra Pública de Innovación. Nela presentaranse os nove proxectos da Xunta de Galicia e tamén contará cunha mesa redonda con representantes do ecosistema galego de I+D+i sobre os desafíos e oportunidades da Compra Pública de Innovación.

Podes consultar o programa e inscribirte na xornada neste enlace

Inscríbete!

Novas

Ver todas

19 de Xuño de 2024

A Xunta participa en Pamplona no encontro de CDTI coas comunidades autónomas para estreitar a colaboración entre administracións

Ler máis

17 de Xuño de 2024

Martina Aneiros destaca a implicación da Xunta no fomento das vocacións STEM entre o alumnado

Ler máis

19 de Xuño de 2024

Román Rodríguez destaca o talento que atesoura Galicia no eido científico e a capacidade xornalística de transmitir os seus avances á sociedade

Ler máis

Eventos

Ver todos
25
Xuño
Xornada de presentación do Programa EU4Health

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.