Ver a versión en liña

48 pemes reciben Bonos de innovación para mellorar a súa capacidade innovadora

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, acaba de resolver a convocatoria de Bonos de Innovación de 2024, a liña de axudas que persegue mellorar a capacidade innovadora de pemes e microempresas a través da contratación de expertos externos. A resolución, que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), concede preto de 739.000 euros de axuda e mobilizará máis de 1M de euros de investimento en innovación por parte das pemes galegas.

Consulta a resolución!
Principais datos da convocatoria de 2024
En total, 48 pequenas e medianas empresas disporán de 53 bonos de innovación para contratar servizos para desenvolver novos produtos, procesos e servizos, así coma conseguir financiamento adicional para os seus proxectos de I+D+i.
Tipoloxía de beneficiarios
En canto á tipoloxía de beneficiario, na convocatoria de 2024, máis da metade dos beneficiarios son pequenas empresas (50,9%), seguidos de microempresas (37,7%), onde se inclúen persoas autónomas, e medianas empresas (11,3%).
Entre os beneficiarios figuran empresas do sector forestal e da madeira, de maquinaria para a industria da pesca, de alimentación, do sector servizos ou das TIC, entre outros. Ademais, nesta edición, destaca a concesión de axudas a tres entidades do terceiro sector de acción social o que permitirá apoiar a innovación social en colectivos relacionados coas familias de acollida de menores, a asistencia a familiares con alzheimer e outras demencias, así coma a autonomía persoal e o apoderamento das persoas con diversidade funcional.

Por provincias, practicamente a metade dos bonos corresponden á provincia de Pontevedra (26), un 34% na da Coruña (18), un 11,3% en Lugo (6) e o 5,7% restante en Ourense (3).
Balance das tres edicións
Estas axudas teñen un importante impacto nas empresas de menor tamaño. Desde a súa posta en marcha en 2022, concedéronse 197 bonos a 177 pemes, dos que máis do 86% foron para microempresas e pequenas empresas. Destaca o apoio, nas tres edicións, a 14 autónomos.

En total, mobilizáronse preto de 3,7M€ en innovación nas pemes galegas a través dos máis de 2,5M€ de axudas públicas concedidas.

Novas

Ver todas

17 de Xullo de 2024

A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIQUS con máis de 3 M€ ata 2027

Ler máis

16 de Xullo de 2024

O ecosistema galego de I+D+i avalía os instrumentos de apoio á I+D+i da Xunta de Galicia

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.