Balance intermedio da Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia
O vindeiro 17 de setembro a partir das 11:00 horas, celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, unha xornada para expor os principais resultados do balance intermedio da Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia do período 2021-2023. Así mesmo, haberá ocasión de debater sobre o talento, a transferencia e o emprendemento científico, a colaboración e a internacionalización no sector. Por último, avanzaranse as principais medidas a acometer nos vindeiros anos co obxectivo de situar a Galicia como unha biorrexión de referencia a nivel internacional.
Inscríbete
|