Ver versión en liña
 
Dobre cita en setembro
para coñecer aos referentes do deseño galego


O curso comeza cunha dobre cita para profesionais, estudantes e entidades do ecosistema do deseño galego. Unha xornada sobre casos de éxito daaplicación do deseño e unha exposición sobre referentes de diferentes épocas marcan a apertura da axenda do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - DIFERENZA en setembro.
DA IDEA AO RESULTADO
A xornada “Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego” terá lugar o 26 de setembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

O obxectivo da xornada é difundir casos prácticos de aplicación do deseño que poidan servir de inspiración a entidades e empresas galegas de todos os sectores, facilitar novas vías de colaboración entre éstas e profesionais do deseño e crear referentes para os estudantes das escolas de deseño.

As persoas asistentes poderán coñecer de primeira man varios casos de uso nos que se revela o potencial do deseño para favorecer a diferenciación, a funcionalidade, a experiencia de usuario, a sustentabilidade e a accesibilidade, entre outros factores.
Cinco casos prácticos
As cinco empresas participantes expoñerán a necesidade que orixinou os seus proxectos, as colaboracións con profesionais do deseño para desenvolvelos, as dificultades atopadas e como se abordaron e os beneficios obtidos da aplicación dos seus resultados:
BELA FISTERRA FINA REI ORBALLO PORTO-MUIÑOS REVERTIA
PROGRAMA E INSCRICIÓN
  • Podes consultar o programa clicando aquí.
  • Accede ao formulario de inscrición presencial neste enlace.
EXPOSICIÓN DE DESEÑO GALEGO

Tamén no marco do programa DIFERENZA, esta semana foi inaugurada a exposición Galicia, Procesos e Formas. Un percorrido gráfico, que estará aberta ao público ata o 31 de outubro na Fundación DIDAC (Santiago de Compostela).

Esta mostra é unha escolma do material da exposición coa que Galicia representou a España como país invitado na Porto Design Biennale 2023, co comisariado de David Barro.

Nela trázase un percorrido por diversos referentes actuais e históricos do deseño galego a través de obxectos, exemplos de gráfica aplicada, materiais, produtos innovadores e documentos inéditos.
A exposición pode visitarse na Fundación DIDAC (Rúa Pérez de Constanti, 12, Santiago) de martes a venres (10 a 14 h e 16 a 19 h) ou sábado previa cita.

Novas

Ver todas

10 de Setembro de 2024

Román Rodríguez destaca o valor do deseño na transformación social e económica de Galicia

Ler máis

10 de Setembro de 2024

O conselleiro de Sanidade resalta o liderado de Galicia como referente mundial no ámbito da medicina xenómica no 30º Congreso da Sociedade Internacional de Xenética Forense

Ler máis

Eventos

Ver todos
17
Setembro
Balance intermedio da Estratexia de consolidación da biotecnoloxía en Galicia

24
Setembro
Info day programa do European Research Council e convocatoria Synergy Grant

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.