A cuarta edición de DeseñaPeme apoia a 36 pemes con 2,2M€ para a incorporación do deseño como motor de innovación e sustentabilidade
A Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, vén de resolver a convocatoria de DeseñaPeme, a liña de axudas específicas para que as microempresas e pemes galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación e sustentabilidade a través da incorporación e a xestión do deseño estratéxico. A resolución, que se publicará próximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), supón un investimento público de 2,2M€ no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, co fin de que un total de 36 empresas leven a cabo proxectos que suporán unha mobilización total de 4,4M€. Esta dotación supón un incremento do 46% en relación ás anteriores convocatorias de DeseñaPeme.
Consulta a resolución de Deseña Peme
|