Ver versión en liña

Participa na elaboración do novo Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027

O vindeiro 5 de novembro celebraremos na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela unha xornada participativa co ecosistema de I+D+i para perfilar os instrumentos do novo Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027. Ademais, debatiranse os resultados provisionais da avaliación final da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 2014-2020).

Quero asistir!
En pleno proceso de elaboración do futuro Plan, a Xunta de Galicia quere contar coa participación dos axentes do ecosistema galego de I+D+i para a configuración dos diferentes instrumentos
Perfilar os instrumentos do novo Plan
Avaliación RIS3 14-20 Instrumentos do novo plan
A xornada comezará cos resultados provisionais da avaliación final da RIS3 2014-2020. Os asistentes poderán participar na validación destes resultados, que contribuirán ao deseño da política pública de I+D+i dos vindeiros anos.
A continuación, celebrarase unha sesión participativa na que o público poderá contribuír a configurar os futuros instrumentos do plan. Así, por exemplo, definiranse os ámbitos temáticos aos que se cinguirán as próximas convocatorias de I+D+i en cooperación entre as pemes e os demáis axentes do ecosistema rexional de innovación.
Información práctica
Na contorna da EGAP dispós de varios aparcamentos: o do centro comercial Área Central (de pago) e o do Multiusos Fontes do Sar.

Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

16 de Outubro de 2024

Román Rodríguez destaca o apoio de 3,2M€ da Xunta a Aimen para un novo centro de fabricación avanzada

Ler máis

16 de Outubro de 2024

A Xunta subliña o potencial do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, ao que destina 6 M€ para a súa actividade científica

Ler máis

15 de Outubro de 2024

A Xunta convoca a VI edición do Premio Empregados Públicos Innovadores coa incorporación dunha nova categoría sobre simplificación administrativa

Ler máis

13 de Outubro de 2024

Román Rodríguez culmina a visita aos centros tecnolóxicos galegos, que terán un papel destacado no novo Plan Galego de Investigación e Innovación

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.