Ver versión en liña

Xornada de impulso a novos proxectos Horizonte Europa: convocatorias 2025

No marco do Programa PEMEuropa, o cal ten por obxectivo fomentar a participación do ecosistema galego en programas europeos de I+D+i, a Axencia Galega de Innovación organiza na súa sede o vindeiro 12 de novembro, unha xornada destinada a promover o acercamento entre empresas e axentes de I+D+i para facilitar colaboracións estratéxicas que fomenten a participación galega nas próximas convocatorias de 2025 de Horizonte Europa.

Quero asistir!
Para quen é esta xornada?
Esta xornada está dirixida a todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i.
Que ofrece esta xornada?
Esta xornada ofrece aos axentes galegos de I+D+i:
  • a oportunidade de presentar as súas capacidades e necesidades;
  • coñecer as capacidades e intereses en I+D+i das empresas participantes;
  • ampliar a súa rede de contactos;
  • recibir asesoramento directo.
Ademais, durante o evento presentarase un avance das principais temáticas de Horizonte Europa para 2025, o que permitirá ás empresas coñecer de primeira man as oportunidades que estarán dispoñibles e adaptar mellor as súas propostas para as vindeiras convocatorias.
Presentación - elevator pitch
Cada entidade participante na xornada poderá realizar unha presentación para dar a coñecer, en menos de 2 minutos, a súas capacidades e intereses. Para poder facer esta presentación, deberá marcar a casilla correspondente no formulario de inscrición.

Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

23 de Outubro de 2024

A Xunta apoia con 1,6 M€ a investigación en tecnoloxías ambientais dos 109 profesionais do CRETUS tras a súa incorporación á rede de excelencia

Ler máis

21 de Outubro de 2024

A Xunta celebra que Galicia sexa o lugar escollido para abordar os retos da intelixencia artificial con científicos de todo o mundo

Ler máis

18 de Outubro de 2024

Román Rodríguez sinala o novo Cesga como “o mellor exemplo da Galicia futura” reflectida nos orzamentos da consellería, que medran ata superar os 3.000 M€

Ler máis

Eventos

Ver todos
05
Novembro
Xornada participativa do ecosistema galego de I+D+i: Novo Plan Galego de Investigación e Innovación 25-27 e resultados da avaliación final da RIS3 14-20

05
Novembro
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.