Ver a versión en liña

Presentación da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

O vindeiro venres 13 de decembro celebraremos o Foro RIS3T en Arcos de Valdevez (Portugal), onde presentaremos a Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) actualizada para o periodo 2021-2027. Así mesmo, no marco do acto, organizado pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR Norte), o Grupo Europeo de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP-AECT) e a Axencia Galega de Innovación (Xunta de Galicia), entablaremos un debate ao redor dos retos e prioridades da especialización intelixente na Eurorrexión.

Inscríbete!
Visión coordinada para aumentar o impacto das políticas de innovación
A RIS3T 2021-2027, que dá continuidade á RIS3T 2014-2020, a primeira estratexia transfronteiriza de Europa, ten como obxectivo promover unha visión coordinada da Eurorrexión, co fin de aumentar a efectividade e o impacto das políticas de innovación. Para acadar esta meta, propón:

aumentar a produción científica, tecnolóxica e empresarial

reforzar as sinerxías e complementariedades entre as distintas fontes de financiamento

maior captación de fondos europeos en materia de I+D+i
O Foro do vindeiro día 13 permitirá presentar a Estratexia transfronteiriza da Eurorrexión actualizada, así como promover o debate sobre os desafíos e prioridades identificadas. No peche da xornada intervirán o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o presidente da CCDR NORTE, António Cunha. Pola súa banda, o panel de debate estará moderado por Carlos Neves, ex-presidente e vicepresidente da CCDR Norte, e contará coas aportacións de Bruno Silva, director da Área de Economia Circular e Ambiente do Pólo de Inovação em Engenharia de Polímeros (PIEP); Luís Cerdeira, enólogo; Belén Rubio, vicerreitora de investigación da Universidade de Vigo; e Carmen López Pérez, directora de I+D+i de Balidea.
Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

Novas

Ver todas

04 de Decembro de 2024

Preto dun centenar de investigadores participan na presentación do Mapa da cuántica en Galicia

Ler máis

03 de Decembro de 2024

A Xunta recolle as achegas dun comité de expertos para o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027

Ler máis

29 de Novembro de 2024

A Xunta intercambia experiencias no ámbito da innovación con representantes do organismo encargado do fomento da produción en Chile

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.