Ver versión en liña

Nova xornada do Ciclo Europa: Partenariados Horizonte Europa

O vindeiro 16 de xaneiro celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación unha nova xornada informativa sobre as oportunidades de financiamento que ofrece a CE e que poden ser útiles para todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i. Neste caso, estará centrada nas novas convocatorias e outras novidades dos Partenariados previstas para 2025.

Quero asistir!
Convocatorias abertas e futuras
Os Partenariados europeos están impulsados, coa colaboración de Horizonte Europa, por axencias nacionais e rexionais que financian I+D+I e xorden para dar resposta a obxectivos específicos e complexos que non poden ser afrontados a través doutros programas europeos e nacionais.

Estes partenariados lanzan convocatorias periodicamente e, nesta xornada, explicaranse en detalle as que estean abertas nese momento, así como avanzar aquelas previstas para o resto de 2025.

Se tes interese en coñecer mellor o contido de cada partenariado, aquí tes o acceso a cada un deles:
Para presentar este programa contaremos coa participación de Héctor González, Punto Nacional de Contacto do CDTI para os Partenariados HE, que ademais manterá reunións bilaterias coas entidades interesadas.

Podes consultar o programa e inscribirte nesta ligazón.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

11 de Decembro de 2024

Bioga, Clúster Saúde de Galicia e Xunta presentan as oportunidades de colaboración Galicia-Carolina do Norte para o sector biotecnolóxico

Ler máis

10 de Decembro de 2024

A Xunta destaca que o liderado de GalChimia amosa a capacidade das empresas galegas no I+D+i

Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Decembro
Foro RIS3T

17
Decembro
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.