Ver versión en liña

Convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de grupos de investigación

As axudas para a consolidación e estruturación de grupos de investigación publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia. Dotadas con 29,1M€, financian o labor das unidades de investigación máis excelentes da nosa comunidade. O importe das axudas pode chegar ata os 105.000 € ao ano por grupo e o prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de febreiro.

Obxecto: Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
Modalidade A
Grupos de referencia competitiva (GRC)


consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
Modalidade B
Grupos con potencial de crecemento (GPC)


consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego
Modalidade C
Proxectos de excelencia


proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.
Beneficiarios:
  • As universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG): presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC e Fundación Pública Galega Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC radicados en Galicia: presentarán a súa solicitude ante Gain.
Importe das axudas:
Modalidade A
Grupos de referencia competitiva (GRC)


- 4 anualidades
- Módulo estrutural anual (max.55.000€)
- Módulo variable anual (max.50.000€)
Modalidade B
Grupos con potencial de crecemento (GPC)


- 3 anualidades
- Módulo estrutural anual (max.31.500€)
- Módulo variable anual (max.10.000€)
Modalidade C
Proxectos de excelencia


Traxectoria investigadora consolidada:
- 4 anualidades
- Máximo anual: 50.000€

Traxectoria investigadora emerxente:
- 5 anualidades
- Máximo anual: 15.000€
Novidades da convocatoria de 2025:
  • Incremento dos importes das axudas dos módulos estruturais para os Grupos de referencia competitiva en 5.000€ ao ano (+10%) e para os Grupos de potencial crecemento en 1.500€ ao ano (+5%).
  • Simplifícase o procedemento administrativo, establecendo un sistema máis sinxelo de avaliación para as solicitudes dos grupos de referencia competitiva das universidades públicas galegas que teñan demostrado unha traxectoria excelente ao longo do tempo, que virá determinada pola da máxima cualificación na avaliación final de anteriores convocatorias.
  • Elimínase a avaliación parcial prevista en convocatorias anteriores para estes grupos e para os de potencial de crecemento.

Novas

Ver todas

23 de Xaneiro de 2025

O Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia avanza na transformación dixital do estaleiro co apoio da Xunta

Ler máis

22 de Xaneiro de 2025

O conselleiro de Ciencia loa o traballo en beneficio da sociedade das sete investigadoras mozas recoñecidas cos premios da RAGC e da UIE

Ler máis

Eventos

Ver todos
29
Xaneiro
Xornada de presentación das convocatorias do European Innovation Council (EIC) en 2025

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.