Ver versión en liña

Galicia acolle o III encontro Investir en ciencia si é rendible

Os vindeiros 19 e 20 de febreiro a nosa comunidade acolle o terceiro encontro Investir en ciencia si é rendible, organizado por Unirisco e Bio&Tech Smart Capital Noso Capital e que conta co apoio da Xunta de Galicia. O obxectivo deste foro é reunir ao ecosistema de investimento en ciencia e tecnoloxía para compartir experiencias, dar a coñecer casos de éxito e tendencias de investigación disruptiva en tecnoloxías como a Intelixencia Artificial, a biotecnoloxía ou a saúde.

Charlas, visitas e mesas redondas
O programa do evento inclúe visitas para investidores, como a visita ao ecosistema TIC na Cidade das TIC na Coruña onde se darán a coñecer novos desenvolvementos da IA para todo o ecosistema de innovación ou a visita ao ecosistema biotecnolóxico e saúde con centros de excelencia coma o CIMUS, a Fundación IDIS, e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e ao Polo de Biotecnoloxía de Galicia (Biopolo da Sionlla).
O encontro acollerá ademais destacados relatorios e debates sobre transferencia tecnolóxica, emprendemento científico e investimento en innovación. O día 19, no Biopolo da Sionlla, abordaráse a cultura da transferencia con expertos de Technion, UCAM, BIOHUB, Oxentia e a Universidade de Helsinki, entre outros. O día 20, no Auditorio Abanca, analizaráse o investimento en ciencia, con sesións sobre soberanía tecnolóxica, lonxevidade, foodtech, agritech e climatech e emprendemento científico, coa participación de representantes da Comisión Europea, ENISA, CDTI, ICEX ou Banco Europeo de Investimentos e empresas coma Fujitsu e Estrella Galicia.

Consulta o programa e inscríbete gratuitamente

www.invertirenciencia.com

Novas

Ver todas

12 de Febreiro de 2025

Rueda reivindica o liderado de Galicia como a comunidade referente en compra pública de innovación ao captar a metade dos proxectos de toda España

Ler máis

10 de Febreiro de 2025

Galicia lidera a Compra Pública de Innovación en España ao captar preto da metade dos proxectos e 45,6 M€

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.