Ver a versión en liña
 
 

O ecosistema galego de I+I mostra as súas capacidades en Transfiere 2025 da man da Xunta de Galicia

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP promove a participación do ecosistema galego de I+I na décimo cuarta edición de Transfiere, o foro europeo de ciencia, tecnoloxía e innovación que se celebrará entre os días 12 e 14 de marzo en Málaga.
Dende o stand institucional da Axencia Galega de Innovación, máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i explorarán neste evento novas alianzas e oportunidades para os seus proxectos e capacidades de transferencia de coñecemento.


O maior evento sobre transferencia

Transfiere 2025 é o maior evento europeo sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional.
Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, co fin último de xerar alianzas e sinerxías globais.

26 axentes galegos
  • Axencia Galega de Innovación
  • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
  • Universidade da Coruña (UDC)
  • Universidade de Santiago de Compostela (USC): CiMUS, CiTIUS, CiQUS, CRETUS
  • Universidade de Vigo (UVigo): AtlanTTic, CIM
  • Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)
  • Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC)
  • Centro de Superomputación de Galicia (CESGA)
  • Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA): AIMEN, ANFACO, CETIM, CTAG, GRADIANT
  • Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)
  • Digital Innovation Hub de Galicia (DIHGIGAL)
  • Unirisco
  • Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec)
  • Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR)
  • Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)
  • Novas oportunidades
    A Xunta impulsa a participación neste evento co obxectivo de facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia.
    A Axencia Galega de Innovación intervirá en tres sesións sobre:
    • O Plan Complementario de Transferencia e o seu impacto territorial (13 de marzo)
    • Como maximizar o financiamento público da I+D+I a través da cooperación territorial (13 de marzo)
    • O futuro da carreira profesional na transferencia de tecnoloxía (14 de marzo)

    Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento
    A participación neste foro enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo para valorizar o investimento en ciencia.

    Consulta toda a información sobre Transfiere 2025

    Transfiere 2025

    Novas

    Ver todas

    25 de Febreiro de 2025

    Román Rodríguez anuncia un programa de retorno de investigadores galegos no exterior para completar a maior aposta polo talento realizada nunca en Galicia

    Ler máis

    Eventos

    Ver todos
    18
    Marzo
    Taller de preparación de propostas ERC 2025-2026

    19
    Marzo
    Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC

    pe_Xoves

    Enderezo

    Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

    informa.gain@xunta.gal