Ver a versión en liña

Próximos eventos da Axencia Galega de Innovación

Nas vindeiras semanas, organizaremos dende a Axencia Galega de Innovación unha serie de xornadas encamiñadas a informar sobre distintos instrumentos e convocatorias. Achegamos información e enlace para inscrición, por se fose do teu interese.

Presentación do Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027
Data: 2 de abril Horario: de 12 a 13 horas
Lugar: Museo da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
Acto de presentación do novo Plan galego de investigación e innovación, dotado con 1.310 millóns de euros para o periodo 2025-2027. O evento contará coas intervencións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Nel presentaranse as principais novidades e prioridades desta folla de ruta da política de investigación e innovación para o trienio 25-27. A asistencia é libre, previa inscrición.
Inscríbete!
Oportunidades en Horizonte Europa para entidades do ámbito da comunicación, difusión e márketing
Data: 21 de marzo Horario: de 09:45h a 12:30 horas
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
Evento de presentación das oportunidades de participación das entidades dedicadas á comunicación, marketing e divulgación en proxectos Horizonte Europa, que este ano concederá arredor de 7.000 M€ en subvencións.
Inscríbete!
Presentación de Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva e WIDERA de Horizonte Europa
Data: 1 de abril Horario: de 10 a 14 horas
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
Xornada de presentación das convocatorias para 2025 do Cluster 2 de Horizonte Europa e do programa WIDERA. A sesión estará organizada en dous bloques: un primerio no que se introducirá o Cluster 2 do programa marco sobre cultura, patrimonio, creatividade e sociedade inclusiva e un segundo no que se presentarán as convocatorias WIDERA, WIDening participation and stregthening the European Research Area. Contará coa participación dos Puntos Nacionais de Contacto para o Cluster 2 e WIDERA, que ademais de presentalas estarán dispoñibles para manter reunións bilaterias coas entidades interesadas, previa petición no formulario de inscrición.
Inscríbete!
Xornada Consultas Preliminares ao Mercado dos proxectos aspirantes á liña FID 2025
Data: 4 de abril Horario: de 10:00 a 13:30 horas
Lugar: Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela
Xornada Institucional de presentación das Consultas Preliminares ao Mercado dos sete proxectos da Xunta de Galicia aspirantes á convocatoria 2025 da liña de Fomento da Innovación dende a Demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. O obxectivo é coñecer por parte dos operadores de mercado o grao de desenvolvemento de determinadas tecnoloxías para poder definir adecuadamente a potencial futura licitación de Compra Pública Innovadora, así como informar dos próximos pasos e dos requisitos que se esixirán.
Inscríbete!

Novas

Ver todas

20 de Marzo de 2025

A Xunta impulsa a adopción da intelixencia artificial por parte da industria para mellorar a súa competitividade e eficiencia

Ler máis

19 de Marzo de 2025

A Xunta amplía a oferta de servizos do programa Oportunius para mellorar a captación de axudas do Consello Europeo de Investigación

Ler máis

18 de Marzo de 2025

A Xunta inviste máis de 4 M€ no Centro de Investigación AtlanTTic para reforzar o seu traballo nas áreas de tecnoloxías de telecomunicación e servizos dixitais

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.