Ver a versión en liña

Consultas Preliminares ao Mercado de proxectos de Compra Pública Innovadora da Xunta de Galicia

O vindeiro 4 de abril organizamos en colaboración con outros cinco departamentos da Xunta de Galicia unha xornada de presentación dos proxectos que a administración autonómica presentará á convocatoria de Fomento da Innovación dende a Demanda do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O obxectivo desta xornada é expor as necesidades de cada área, coñecer o grao de desenvolvemento destas tecnoloxías no mercado para definir a potencial futura licitación e informar dos próximos pasos.

Proxectos da Xunta
NeoLab3: xemelo dixital para a xestión integral de laboratorios intelixentes e laboratorio de seguridade biolóxica de nivel 3 (BSL-3) con capacidade virtual de modelización de escenarios epidemiolóxicos mediante IA
AGACAL. Consellería do Medio Rural

Simulacións para un modelado e planificación ex ante do control de actuacións no medio mariño
DX de Desenvolvemento Pesqueiro. Consellería do Mar

Sistema integral de Intelixencia Artificial no ecosistema de Formación Profesional
DX de Formación Profesional. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Plataforma integrada de datos para a xestión do traballo na área de emprego, para a toma de decisións baseadas en evidencias e análise de precisión e para desenvolver un sistema de apoio á decisión baseado en IA
SX de Emprego e Relacións Laborais. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sistema de monitorización global de ríos por satélite
Augas de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Detección, monitorización e mitigación da soidade non desexada
DX de Maiores e Atención Sociosanitaria. Consellería de Política Social
Destinatarios da xornada
Esta xornada é aberta e diríxese a persoas físicas ou xurídicas, especialmente empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, que teñan intención de colaborar na presentación de propostas de solución, tanto na súa definición e alcance, como no seu desenvolvemento e innovación tecnolóxica.

Podes consultar o programa e o formulario de inscrición no seguinte enlace

Máis información

Novas

Ver todas

21 de Marzo de 2025

A Xunta presenta as capacidades e oportunidades da I+D+i galega na XII Conferencia Anual da Asociación de Antigos Alumnos Marie Curie en Polonia

Ler máis

Eventos

Ver todos
01
Abril
Presentación de Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA de Horizonte Europa

02
Abril
Presentación do Plan Galego de Investigación e Innovación 2025 -2027

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.