Ver versión en liña

Xornada Informativa sobre o programa InnoGlobal e xornada de presentación dos apoios CDTI e GAIN 2025

Os vindeiros 29 de abril e 5 de maio celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela sendas xornadas informativas sobre a convocatoria de 2025 do programa InnoGlobal e a xornada anual de presentación dos apoios á I+D+i do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), incluída a convocatoria Innterconecta – STEP.

Quero saber máis!
Apoios á I+D+i de CDTI e GAIN en 2025
5 de maio Sede da Axencia Galega de Innovación
(Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela)

 

A Axencia Galega de Innovación e o Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación celebran a xornada anual de presentación das axudas e actuacións de apoio á I+D+i de ambas entidades. Entre outras liñas de apoio, presentarase a nova convocatoria Innterconecta-STEP, que ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 19 de maio, e que está dirixida a financiar proxectos de I+D en cooperación, de consorcios de empresas de alomenos dúas comunidades autónomas das sinaladas na convocatoria, centrados nun dos ámbitos tecnolóxicos STEP: as tecnoloxías dixitais; as tecnoloxías limpas e a biotecnoloxía.
Quero asistir!
InnoGlobal
29 de abril Sede da Axencia Galega de Innovación
(Rúa Airas Nunes, s/n , Santiago de Compostela)

Obxectivo: Fomentar a colaboración tecnolóxica internacional no ámbito da investigación e o desenvolvemento (I+D). Cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), busca apoiar ás empresas españolas no seu esforzo por realizar I+D e competir a nivel global.
Beneficiarios: Pemes e empresas españolas de ata 500 empregados situadas nas Comunidades Autónomas elexibles e que participen en consorcios de I+D no marco de programas de cooperación tecnolóxica internacional.
Intensidade da axuda: O financiamento cubrirá ata o 80% do orzamento total do proxecto dependendo do tamaño de empresa e da actividade.
Esta axuda está pendente de publicación.
Quero asistir!
Reserva a data para as próximas xornadas da Axencia Galega de Innovación:
A Axencia Galega de Innovación organizará nas vindeiras semanas máis xornadas informativas. Nos próximos días poremos á vosa disposición os programas e os formularios de inscrición. Vai anotando as datas na túa axenda:
Convocatorias de Horizonte Europa para a seguridade civil
15 de maio de 2025, Porto de Vigo
Convocatorias de Horizonte Europa: CL6, Clima, PRIMA, Misións
16 de xuño de 2025, Sede da Axencia Galega de Innovación

Novas

Ver todas

24 de Abril de 2025

Os 32 proxectos apoiados pola Xunta a través do Programa Ignicia con 17 M€ levan captados máis de 27 M€ en investimentos

Ler máis

22 de Abril de 2025

A Xunta reúnese coa Fegamp para comezar o deseño dos futuros plans locais de I+D+i que achegarán a innovación aos servizos locais

Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Maio
UVIGO: Xornada informativa: Axudas para proxectos innovadores estratéxicos

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.