Ver versión en liña

Unha reportaxe en Nature destaca a Galicia como potencia emerxente en investigación

A revista Nature acaba de publicar unha reportaxe, en colaboración coa Xunta de Galicia, na que sitúa a Galicia como unha potencia emerxente en investigación e un polo de innovación en sectores como a biomedicina, a Intelixencia Artificial ou as tecnoloxías cuánticas. Esta actuación contribúe a reforzar o posicionamento internacional do ecosistema galego de I+D+i incrementando a súa visibilidade, impulsando a atracción de talento, o establecemento de colaboracións estratéxicas e a captación de investimentos.

Consulta o artigo
Voces de referencia na ciencia galega
O artigo conta co testemuño de investigadores de referencia en Galicia, como Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e líder do proxecto Xenoma; Amparo Alonso-Betanzos, catedrática da UDC, investigadora no CITIC e referente na abordaxe da IA con enfoque ético; ou Marcos Curty, catedrático na UVigo, investigador en criptografía cuántica e director do Vigo Quantum Communication Center (VQCC).
Unha engranaxe que funciona
Nature atribúe a posición de Galicia como referente en investigación á sinerxia entre as entidades do ecosistema galego de I+D+i e ás políticas proactivas do goberno galego para situar á nosa comunidade na vangarda da innovación. Destaca tamén os programas de captación e retención de persoal investigador que permitiron financiar 1400 contratos ata 2025; a rede CIGUS, que integra aos centros de investigación de excelencia do sistema universitario galego e o programa Oportunius, que leva máis dunha década enfocado en xerar oportunidades para que persoal investigador excelente queira desenvolver a súa carreira en Galicia.
Actuacións de proxección internacional
Esta actuación alíñase coa campaña de proxección internacional da Marca Galicia no ámbito da investigación e a innovación promovida pola Xunta de Galicia e inscríbese no programa de Posicionamento do novo Plan Galego de Investigación e Innovación 25-27, que aspira a reforzar o ecosistema galego de investigación e innovación e captar investimento e talento.

Novas

Ver todas

06 de Maio de 2025

Román Rodríguez visita a obra de construción do novo centro de fabricación intelixente de Aimen

Ler máis

05 de Maio de 2025

A Xunta dá a coñecer apoios á I+D+i en Galicia a través de convocatorias estatais e autonómicas neste 2025

Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Maio
Convocatorias Horizonte Europa para seguridade civil

20
Maio
NOVA DATA: Innoglobal FEDER - Convocatorias de apoio á I+D+i e á cooperación internacional

02
Xuño
Curso Horizonte Europa para pemes sen experiencia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.