Ver a versión en liña

Avaliación intermedia da RIS3 2021-2027 e definición das novas Misións

O vindeiro 27 de maio celebramos en Santiago de Compostela as mesas de avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, co obxectivo de que os axentes do ecosistema galego de I+D+i valoren a implementación da estratexia, así como os instrumentos e apoios. Esta xornada servirá tamén para identificar as novas Misións RIS3 e definir a convocatoria 2026.

Inscríbete!
Mesas de traballo para cada reto
A participación nesta avaliación artellarase arredor de 3 mesas de traballo -cada unha centrada nun dos retos da RIS3- que se celebrarán na sala 9 do edificio Fontán na Cidade da Cultura de Galicia. Nestas mesas prestarase unha atención especial ás diferentes axudas e apoios desenvolvidos coa finalidade de mellorar o deseño e a implementación dos instrumentos de impulso á I+D+i.

A participación activa de todos os axentes do ecosistema na configuración, seguimento e avaliación dos seus instrumentos de axuda e demais apoios, así como na evolución do contexto galego da I+D+i, son elementos clave para a avaliación da RIS3.
Identificación das novas Misións RIS3
Ademais, aproveitaremos para identificar a través dun proceso participativo as Misións RIS3 e definir a futura convocatoria 2026 desta liña de axudas. As misións son metas cuantificables e alcanzables para dar resposta aos retos establecidos no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia.

A convocatoria de Misións RIS3 ten como obxectivo mobilizar e aliñar capacidades empresariais, de coñecemento e tecnolóxicas de diferentes axentes para desenvolver proxectos con capacidade de impacto real a nivel empresarial e social.

Está dirixida a consorcios formados por empresas e poden participar ademais como socios centros tecnolóxicos e de apoio á innovación; universidades; organismos de investigación; entidades e centros sanitarios que desenvolvan I+D+i; entidades sen ánimo de lucro que fagan I+D+i e agrupacións ou asociacións empresariais.

O prazo para inscribirse nestas mesas remata o 23 de maio. Podes facelo neste enlace!

Inscríbete!

Novas

Ver todas

13 de Maio de 2025

O Cesga e a Universidade de Pensilvania alíanse para acelerar o descubrimento de novos fármacos contra bacterias resistentes aos antibióticos

Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Maio
Innoglobal FEDER - Convocatorias de apoio á I+D+i e á cooperación internacional

02
Xuño
Curso Horizonte Europa para pemes sen experiencia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.