Próximas actividades sobre financiamento europeo á I+D+i
| Nas vindeiras semanas celebraremos dúas actividades centradas no financiamento europeo á I+D+i. Por un lado, no marco das actividades da Enterprise Europe Network, organizaremos entre o 2 e o 9 de xuño un curso online dirixido a formar ás pemes galegas sen experiencia no programa Horizonte Europa, o programa marco de I+D+i da Unión Europea. Por outro lado, o día 16 de xuño terá lugar unha nova xornada do Ciclo Europa, neste caso centrada en clima, alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente. |
|