Ver a versión en liña

Novas xornadas e cursos sobre financiamento europeo e transferencia de coñecemento

Nas vindeiras semanas acolleremos dúas xornadas sobre financiamento europeo da I+D+i, centradas nos ámbitos da dixitalización e a industria e do clima, alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente, respectivamente. Ademais, celebraremos un curso de transferencia de tecnoloxía dirixido a persoal de xestión e computable para a obtención da certificación RTTP.

Xornadas de Horizonte Europa
Novas convocatorias do Cluster 4 Dixital e Industria de Horizonte Europa
Nesta xornada presentaranse as novidades do Cluster 4 de Horizonte Europa en 2025, que ofrece financiamento para proxectos que impulsen a competitividade tecnolóxica e industrial, promovendo a transformación dixital, a fabricación avanzada ou a incorporación de solucións con intelixencia artificial.
Contará coa participación dos Puntos Nacionais de Contacto para estas convocatorias en España que, ademáis de presentar as convocatorias, estarán dispoñibles para reunións bilaterais coas entidades interesadas en realizar consultas concretas.
Convocatorias a presentar Cluster 4
Data 11 de xuño de 2025
Horario de 10:30h a 12:00h
Lugar Axencia Galega de Innovación
Máis información
Novas convocatorias dos Cluster 5 e Cluster 6
O próximo 16 de xuño, na sede da Axencia Galega de Innovación, organizamos unha nova xornada do Ciclo Europa, neste caso sobre as novas convocatorias do Cluster 5 (clima) e Cluster 6 (alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente) de Horizonte Europa. Ademáis, tamén se tratarán as oportunidades e características das vindeiras convocatorias de CBE JU 2025 (economía circular), PRIMA (Asociación para a Investigación e a Innovación na Área Mediterránea) e EU Missions (clima, océanos e augas e solos).
Contaremos coa participación do Punto Nacional de Contacto en España, que ademáis de presentar as convocatorias estará dispoñible para reunións bilaterais coas entidades interesadas en realizar consultas particulares. Na xornada tamén se analizarán as grandes oportunidades que estas convocatorias ofrecen para a posta en marcha de iniciativas de colaboración entre administracións públicas e outras entidades.
Convocatorias a presentar - Cluster 5 - Clima
- Cluster 6 – Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente
- Circular Bio-based Europe Join Undertaking (CBE JU)
- PRIMA
- EU Missions Climate, Oceans & waters and Soil
Data 16 de xuño de 2025
Horario de 10 a 13:00h
Lugar Axencia Galega de Innovación
Máis información
Curso de Transferencia
Curso Transferencia de tecnoloxía: valoración e negociación
Curso presencial de carácter gratuíto dirixido ao persoal profesional da transferencia de tecnoloxía co obxectivo de que desenvolva habilidades de valoración da propiedade intelectual utilizando métodos estándar na industria.
A formación será impartida por Oxentia integramente en inglés e terá un carácter eminentemente práctico. Inscríbese no Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia no marco de Ignicia Transferencia de Coñecemento e outorga 15 puntos para a certificación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) emitida pola Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP).
Data 25 e 26 de xuño de 2025
Horario de 09:30 a 14:30 h e de 15:15 a 18:30 h
Lugar Axencia Galega de Innovación (Aula 04)
Idioma de impartición Inglés
Data límite de inscrición 11 de xuño de 2025 ás 14:00h. O número de prazas é limitado. Para calquera consulta podes contactar no enderezo electrónico: ignicia.gain@xunta.gal

Podes inscribirte nestes eventos na páxina web da Axencia Galega de Innovación

Inscríbete!
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.