Ver a versión en liña

Próxima convocatoria do programa Doutoramentos Industriais

A consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Universidades, convocará proximamente a quinta edición das axudas para Doutoramentos Industriais. Este apoio permitirá a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros de innovación e tecnoloxía galegos para desenvolver a súa tese doutoral. Nesta edición, como novidade, a convocatoria experimenta un incremento do orzamento en case 1M€ e a duración das axudas pasa de tres a catro anos.

Novidades deste ano
  • A convocatoria experimenta un incremento do orzamento en case 1M€
  • A duración das axudas pasa de tres a catro anos
Obxecto da axuda
Contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna empresarial. O proxecto de investigación debe estar orientado a resolver as necesidades e problemas da empresa ou centro, en colaboración cunha universidade pública galega que se encargará da formación investigadora da persoa doutoranda.
Obxectivos
  • Favorecer a investigación colaborativa entre empresas ou centros tecnolóxicos e a universidade, o que posibilita a transferencia de coñecemento.
  • Potenciar a captación de persoal investigador mozo.
  • Posibilitar a incorporación de persoal doutor ás empresas unha vez que remate a duración destas axudas.
  • Fortalecer a colaboración entre diferentes sectores da I+D+i galega.
Destinatarios
Empresas e centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
Persoal investigador matriculado nun Programa oficial de Doutoramento dunha universidade do SUG ou con compromiso de matriculación.


Gastos subvencionables
As axudas inclúen tanto os custos de contratación, gastos relacionados co proxecto no ámbito da empresa ou centro tecnolóxico e apoios para a realización de estadías de tres meses no estranxeiro, como gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade e o custo da matrícula.
Balance de edicións anteriores
Desde a súa posta en marcha no ano 2021, os Doutoramentos Industriais permitiron a contratación de 61 doutorandos en sete centros tecnolóxicos e 45 empresas a través dun orzamento total de 7,5M€. En canto ás universidades, 34 doutorandos están asociados á Universidade de Santiago de Compostela, 15 á Universidade de Vigo e 12 á Universidade da Coruña.

Novas

Ver todas

23 de Xuño de 2025

A Xunta apoia con máis de 2,6M€ á contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Xullo
Financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías duais para a Seguridade e a Defensa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.