Ver a versión en liña

Xornada de presentación da convocatoria Nexos

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, celebrará o vindeiro 15 de xullo na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela unha xornada de presentación da convocatoria de axudas Nexos e doutras liñas de apoio de próxima publicación. O acto será clausurado polo conselleiro, Román Rodríguez.

Inscríbete!
Próxima publicación de varias liñas de apoio
Nas vindeiras semanas, a Axencia Galega de Innovación ten prevista a aprobación e publicación de varias liñas de axudas destinadas a impulsar a colaboración, entre elas Nexos. Esta liña de axudas, que está cofinanciada con fondos europeos do programa Galicia Feder 21-27, apoiará proxectos colaborativos de I+D+i entre empresas e centros de coñecemento.
Para presentar as principais características e novidades desta nova liña de axudas, así como aclarar dúbidas, celebrarase esta xornada de presentación.
Outras convocatorias
Ademais, informarase sobre estas outras convocatorias:
  • Unidades Mixtas de Investigación, un instrumento que apoia proxectos en cooperación entre organismos de investigación e empresas para desenvolver actividades de I+D+i en ámbitos estratéxicos para Galicia.
  • Fortalecemento e ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos, que apoia a creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación dos centros tecnolóxicos galegos.

Novas

Ver todas

27 de Xuño de 2025

A Xunta de Galicia comeza a definir a futura convocatoria de I+D+i en tecnoloxías profundas

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.