Ver a versión en liña

Obradoiros de presentación de Nexos

Co obxectivo de resolver as últimas dúbidas e explicar dun xeito práctico como presentar solicitude á nova convocatoria Nexos, celebraremos un ciclo de obradoiros a comezos do mes de setembro. En concreto, serán catro obradoiros, un por provincia, entre o 3 e o 10 de setembro. Esta liña de axudas, dotada con 28 millóns de euros, apoia proxectos de I+D+i colaborativos entre empresas e nos que poden contar coa colaboración de centros de coñecemento.

Programa e datas
Os obradoiros, de hora e media de duración, darán comezo ás 11:00 horas cunha presentación das principais características e novidades da convocatoria e de resolución de dúbidas dos asistentes. A continuación, realizarase un obradoiro práctico sobre cómo presentar a solicitude e, finalmente, haberá un aperitivo para facilitar o contacto entre os posibles asistentes de cara á formación de consorcios para concorrer ás axudas.

As datas e lugares de celebración destas xornadas, nas que colaboran as confederacións de empresarios, son:
  • 3 de setembro: Lugo (Confederación de Empresarios de Lugo)
  • 4 de setembro: Ourense (Confederación Empresarial de Ourense)
  • 9 de setembro: Vigo (Confederación Empresarial de Pontevedra)
  • 10 de setembro: A Coruña (Confederación de Empresarios de A Coruña)

Podes acceder ao programa e inscribirte na páxina web da Axencia.

Máis información

Novas

Ver todas

20 de Xullo de 2025

Galicia escala nove posicións no ránking das rexións europeas máis innovadoras

Ler máis

19 de Xullo de 2025

O Centro de Supercomputación de Galicia incorpora un investigador do prestixioso programa Ramón y Cajal

Ler máis

17 de Xullo de 2025

O equipo da área de talento e transferencia da Axencia Galega de Innovación intégrase nas instalacións do CIFP Ferrolterra para fomentar a I+D+i

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.