Ver a versión en liña

Convocatorias de axudas abertas ou próximas a abrir

Dende a Axencia Galega de Innovación queremos informar sobre as convocatorias de axudas que están actualmente abertas e outras de próxima publicación. En concreto, está aberto o prazo de solicitude das axudas de Doutoramentos Industriais, para a contratación de estudantes que realicen a súa tese de doutoramento nunha empresa ou centro tecnolóxico, e VInnovate, mecanismo de financiamento de proxectos interrexionais de innovación. Por outra banda, publicaranse nas vindeiras semanas as liñas de axuda Nexos, Unidades mixtas de investigación, Fortalecemento de centros tecnolóxicos e Recuperación de excelencia Neotec.

CONVOCATORIAS ABERTAS
Doutoramentos industriais
Obxecto Contratación de estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna empresarial. O proxecto de investigación debe estar orientado a resolver as necesidades e problemas da empresa ou centro, en colaboración cunha universidade pública galega que se encargará da formación investigadora da persoa doutoranda.
Dotación 2.625.000 €
Prazo de presentación Ata o 18 de agosto
Máis información Doutoramentos Industriais
VInnovate
Obxecto Mecanismo de financiamento de proxectos interrexionais de innovación da Vanguard Initiative, compostos por, como mínimo, dous socios (alomenos unha peme) procedentes de dúas rexións participantes pertencentes a dous países diferentes. Ademais dunha ou máis pemes, poden participar no consorcio grandes empresas, universidades, centros de investigación (incluídos centros tecnolóxicos) ou infraestruturas de investigación e tecnoloxía. Os proxectos deben estar vencellados temáticamente a algún dos oito pilotos de VInnovate.
Galicia sufragará a participación das entidades galegas nestes proxectos a través dunha convocatoria propia que se publicará proximamente, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.
Prazo de presentación Ata o 15 de setembro
Máis información VInnovate
CONVOCATORIAS PRÓXIMAS A ABRIR
Na páxina web da Axencia Galega de Innovación atoparás máis información de cada unha destas convocatorias. Podes acceder a esta información no enlace que poñemos debaixo da descrición de cada unha.
Nexos
Obxecto Axudas para a realización de proxectos colaborativos de I+D+i entre empresas en ámbitos estratéxicos para Galicia.
Dotación 28M€, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027
Data publicación 12 de agosto
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro
Máis información Nexos
Recuperación de excelencia Neotec
Obxecto Axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do programa de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras NEOTEC de CDTI nas súas convocatorias dos anos 2023 e 2024.
Dotación 3M€, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027
Data publicación 14 de agosto
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro
Máis información Neotec
Unidades Mixtas de Investigación
Obxecto Axudas a proxectos colaborativos de I+D+i entre un centro de coñecemento e unha empresa para abordar retos conxuntos e desenvolver solucións innovadoras.
Dotación 12M€, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027
Data publicación 18 de agosto
Prazo de presentación Ata o 22 de setembro
Máis información Unidades Mixtas
Fortalecemento de centros tecnolóxicos
Obxecto Apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación dos centros tecnolóxicos galegos.
Dotación 9.750.000 M€, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027
Data publicación 20 de agosto
Prazo de presentación Ata o 29 de setembro
Máis información Fortalecemento

Novas

Ver todas

29 de Xullo de 2025

A Xunta reforza a I+D+i das catro fundacións de investigación sanitaria de Galicia cunha inxección de preto de 2 M€ para o bienio 2025-26

Ler máis

29 de Xullo de 2025

Román Rodríguez felicita o CiMUS pola distinción María de Maeztu, “un novo fito da I+D+I galega”

Ler máis

Eventos

Ver todas
03
Setembro
Lugo: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

04
Setembro
Ourense: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

09
Setembro
Vigo: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

10
Setembro
A Coruña: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.