Ver a versión en liña

Xornada sobre financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías duais para a seguridade e a defensa

A Axencia Galega de Innovación organiza, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), unha xornada informativa sobre as oportunidades de financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías de dobre uso, civil e militar. Esta sesión terá lugar o vindeiro 16 de setembro na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela.

Inscríbete!
500M€ para I+D en seguridade e defensa
O novo Plan Industrial e Tecnolóxico para a Seguridade e a Defensa do Goberno de España supón un investimento superior aos 10.000M€. Entre os seus obxectivos están acelerar a chegada ao mercado de innovacións tecnolóxicas, modernizar capacidades, impulsar tecnoloxías duais como a IA, a cuántica, as telecomunicacións avanzadas, a ciberseguridade, o 5G/IoT ou a automatización e dinamizar o tecido produtivo. Por iso, unha parte moi relevante deste apoio irá destinado a proxectos de I+D -500M€- e será xestionada por CDTI.

O propio plan sinala a relevancia dos programas de financiamento como pancas para canalizar I+D orientada á autonomía estratéxica
Ademais, CDTI vén de ampliar en 100M€ máis a dotación orzamentaria das convocatorias de Neotec e Misiones Ciencia e Innovación 2025 con cargo a este Plan para proxectos de liña dual que se presentaran a estas convocatorias, ampliando así o número de iniciativas financiadas.
Xornada na Axencia Galega de Innovación
O vindeiro 16 de setembro na sede da Axencia Galega de Innovación, celebraremos unha xornada informativa sobre as oportunidades de financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías de dobre uso.
Un representante de CDTI detallará os instrumentos que esta entidade pon a disposición das empresas innovadoras para impulsar este tipo de tecnoloxías estratéxicas. Pola súa banda, un representante da consellería de Economía e Industria presentará a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo da Xunta de Galicia. Por último, celebrarase unha mesa redonda con representantes de empresas e centros tecnolóxicos con experiencia neste campo sobre as oportunidades en I+D+i en tecnoloxías duais.

Podes atopar máis información sobre a xornada e o formulario de inscrición na páxina web de Gain

Inscríbete!

Novas

Ver todas

03 de Setembro de 2025

A Xunta anima as empresas de Lugo a optar a Nexos, a maior convocatoria de axudas para proxectos colaborativos de I+D+i

Ler máis

Eventos

Ver todas
09
Setembro
Vigo: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

10
Setembro
A Coruña: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

11
Setembro
Ourense: Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos

26
Setembro
Curso Presencial: Transferencia de coñecemento e interacción co sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.