Ver a versión en liña

Convócase a segunda edición de VInnovate Galicia para apoiar proxectos de I+D+i interrexionais

Mañá, venres, publicarase no DOG a nova convocatoria VInnovate Galicia, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de Innovación e dotada con 1M€ cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. O seu obxectivo é apoiar a participación galega en proxectos de I+D+i entre as 11 rexións europeas participantes. O prazo de presentación de solicitudes desta segunda fase comeza este sábado e remata o 15 de outubro.

Máis información
Fases da solicitude
O procedemento de solicitude consta de dúas fases: unha primeira, ata o 15 de setembro, na que o líder do proxecto debe presentar ante a Vanguard Initiative unha ficha de encaixe do proxecto coa finalidade de verificar o cumprimento dos criterios e, unha segunda, na que, se o informe desta é favorable, a/s entidade/s galega/s deberán presentarse á convocatoria da Axencia Galega de Innovación.
Características dos proxectos
A través de Vinnovate, mecanismo de financiamento da alianza europea Vanguard Initiative, apoiaranse proxectos de I+D+i entre empresas e organismos de investigación de polo menos dúas rexións das 11 participantes. Os proxectos deben estar centrados en ámbitos temáticos aliñados coas súas respectivas estratexias de Especialización Intelixente.

Galicia foi pioneira entre as comunidades autónomas en participar neste mecanismo de financiamento da I+D a nivel europeo.
Pola súa banda, o consorcio galego debe estar constituído por entre 2 e 4 entidades que non deben estar vencelladas entre si e unha delas debe ser unha peme, cunha participación mínima no orzamento do 30%. As axudas poderán acadar os 500.000 euros para proxectos que deben comezar no ano 2025 e finalizar antes do 30 de setembro de 2028. O orzamento mínimo da participación galega é de 150.000 euros.
Novidades desta edición
Entre as novidades desta edición, destacan:
  1. Esixencia de que un dos socios sexa unha peme cunha participación mínima do 30% do orzamento.
  2. Ampliación do tipo de actividades subvencionables a TRL8.
Sobre a Vanguard Initiative
A Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte desde 2015, é unha alianza formada por 35 rexións europeas que ten como obxectivo estimular o crecemento europeo baseado na I+D+i mediante colaboración interrexional.

Novas

Ver todas

09 de Setembro de 2025

A Xunta anima ás empresas de Pontevedra a optar a Nexos, a maior convocatoria de axudas para proxectos colaborativos de I+D+i

Ler máis

08 de Setembro de 2025

A Xunta aproba axudas por 1 M€ para impulsar proxectos de I+D+i con outras rexións europeas

Ler máis

08 de Setembro de 2025

Rueda resalta que a Xunta apoia a candidatura de cinco investigadores ás bolsas máis prestixiosas neste eido en Europa

Ler máis

Eventos

Ver todas
16
Setembro
Financiamento de proxectos de I+D+i de tecnoloxías duais para a Seguridade e a Defensa

26
Setembro
Curso Presencial: Transferencia de coñecemento e interacción co sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.