Ver a versión en liña

Novo foro sobre cuántica en Galicia

O vindeiro 30 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela un novo foro sobre os ecosistemas de I+D+i en cuántica. Este evento, que leva por título “Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica”, reunirá en Galicia a expertos e entidades relacionadas con este eido a nivel nacional e internacional. O encontro enmárcase no proxecto Quorum e no Ano Internacional da Ciencia e da Tecnoloxía Cuántica.

Consulta o programa
As tecnoloxías cuánticas: talento, innovación e colaboración
O encontro está dirixido a toda persoa ou entidade vencellada ás tecnoloxías cuánticas. Nel presentarase unha actualización do mapa de capacidades de tecnoloxías cuánticas en Galicia, que fixemos público en decembro do ano pasado e que constitúe unha guía dos recursos humanos e dos equipamentos da nosa Comunidade neste ámbito.
Contarase tamén coa participación de persoas expertas neste eido como o xefe de sector de computación cuántica na Comisión Europea, Óscar Díez, que presentará a nova Estratexia Cuántica Europea; o director de innovación de Lantik S.A (Sociedade de Tecnoloxía e Innovación da Deputación Foral de Bizkaia), Valentín García, que fará fincapé na importancia da innovación na cuántica, ou o director científico do Cesga, Lois Orosa, que falará da oportunidade que supón a cuántica para a nosa comunidade.
Completarán este evento varias mesas redondas compostas por empresas, centros tecnolóxicos e universidade do ámbito estatal, que se centrarán nas oportunidades que supón a cuántica para as empresas, a importancia da colaboración e do talento.

Consulta o programa provisional e inscríbete

Inscríbete!
Sobre o proxecto Quorum
Este evento enmárcase no proxecto Quorum, financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, e no Ano Internacional da Ciencia e da Tecnoloxía Cuántica. Quorum (Ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas) é un proxecto impulsado por CDTI no que participan varias universidades, centros tecnolóxicos e empresas españolas co obxectivo de promover o desenvolvemento das novas tecnoloxías cuánticas.
Como parte das actividades de Quorum, o consorcio estuda as posibles aplicacións da cuántica en sectores clave para Galicia como o da alimentación, saúde, TIC, automoción, banca e outros. Tamén se está fomentando a formación e a retención de talento, así como a colaboración entre a comunidade investigadora e o tecido empresarial. Neste sentido, o proxecto identifica casos de uso nos que a aplicación da computación cuántica ou o desenvolvemento da comunicación cuántica poden mellorar a eficiencia do ecosistema grazas a tecnoloxías innovadoras.

Novas

Ver todas

17 de Setembro de 2025

A Xunta amplía o prazo de solicitudes para a convocatoria de unidades mixtas de investigación ata o 6 de outubro

Ler máis

16 de Setembro de 2025

A Xunta e CDTI difunden as oportunidades de financiamento no ámbito da I+D+i en seguridade e a defensa

Ler máis

15 de Setembro de 2025

A Xunta de Galicia apoia a Noite Galega das Persoas Investigadoras que inclúe máis de 200 actividades nas sete cidades galegas

Ler máis

Eventos

Ver todas
26
Setembro
Curso Presencial: Transferencia de coñecemento e interacción co sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.