Ver a versión en liña

O ecosistema biotecnolóxico de Galicia participa en Biospain 2025

Unha delegación galega formada polas fundacións públicas de investigación sanitaria, agrupacións industriais vinculadas ao sector, as tres universidades públicas galegas e a Xunta de Galicia participarán do 7 ao 9 de outubro na feira Biospain 2025 en Barcelona. O obxectivo é amosar o potencial innovador do ecosistema biotech galego e explorar oportunidades de negocio nunha das principais citas do sector a nivel europeo.

Máis información sobre o ecosistema galego de biotecnoloxía
Espazo propio na feira
Galicia conta cun espazo propio (stand 48-49) no pavillón institucional, onde se presentarán proxectos estratéxicos, capacidades científicas e oportunidades de colaboración.
Baixo a marca “Galicia: o mellor camiño en biotecnoloxía”, a delegación galega quere amosar o potencial científico e empresarial da comunidade.
Liderada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, a delegación conta coa participación de XesGalicia, da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), as fundacións públicas dos Institutos de Investigación sanitaria IDIS, IISGS e INIBIC, as agrupacións industriais Bioga, Clúster Saúde de Galicia e VIRATEC e as tres universidades públicas galegas.
En total, a comitiva aglutina a máis de 160 empresas a través de distintas agrupacións industriais, tres universidades e tres fundacións sanitarias, unha mostra da diversidade e da solidez do ecosistema galego biotech.
Mesa redonda sobre transferencia e colaboración
Ademais, o martes 7 de outubro celebrarase unha mesa de debate sobre o paso da investigación á innovación en biotecnoloxía, promovida pola delegación galega. Con esta sesión búscase visibilizar o ecosistema galego de biotecnoloxía desde unha perspectiva aplicada, conectando a investigación que se xera en Galicia coa súa capacidade real para chegar ao mercado, xerar valor e mellorar a vida das persoas.
Nela, compartiranse experiencias, modelos de colaboración público-privada, instrumentos de financiamento e exemplos de transferencia efectiva, a través da voz de quen está contribuíndo a elo desde diferentes ámbitos.
Sobre BioSpain 2025
BioSpain 2025, organizado pola  Asociación Española de Bioempresas (Asebio)  en colaboración con Biocat, a Generalitat de Catalunya e o Concello de Barcelona, reunirá a case 1.000 entidades innovadoras, máis de 2.200 profesionais de 34 países, uns 260 expositores e máis de 80 investidores. Segundo Asebio, celebraranse máis de 5.000 reunións bilaterais, facilitando o intercambio de coñecemento e a creación de novas oportunidades de negocio.
A asistencia de Galicia enmárcase na estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico galego 2021-2025, que aspira a posicionar á comunidade como referente internacional e a potenciar a colaboración entre empresas, universidades e centros de investigación.

Novas

Ver todas

30 de Setembro de 2025

A Xunta reforza a colaboración entre universidades, centros, administración e empresas para impulsar o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas

Ler máis

29 de Setembro de 2025

Román Rodríguez subliña as novas accións para atraer, retornar e reter investigadores con Oportunius

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.