Ver a versión en liña

Galicia pon en funcionamento a liña de comunicación cuántica máis longa de España

A I+D+i galega viviu hoxe un novo fito coa posta en funcionamento da liña de comunicación cuántica terrestre máis longa de España e tamén unha das maiores de toda Europa: 120 quilómetros que unen a partir de agora Santiago de Compostela e Vigo. A nova infraestrutura despregada, desenvolta por investigadores do CESGA co asesoramento do Vigo Quantum Communication Center, facilitará establecer comunicacións ultraseguras. Entre as aplicacións desta tecnoloxía atópanse a protección de infraestruturas críticas, comunicacións gubernamentais, control de tráfico aéreo, seguridade de transaccións bancarias e datos de saúde da cidadanía.

Máis información
Un fito histórico para a ciberseguridade nacional
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, participaron esta mañá na posta en funcionamento desta conexión, nun acto ao que tamén asistiron, entre outros, a subdirectora de RedIRIS da Red.es, Esther Robles.
Na cita, lanzouse a primeira mensaxe a través deste enlace terrestre de Distribución Cuántica de Claves (QKD) baseado en fibra, desenvolto por investigadores do CESGA co asesoramento do VQCC, o que constitúe un fito histórico para a ciberseguridade nacional.
O sistema permitirá establecer comunicacións ultraseguras, inicialmente entre Santiago e Vigo, aínda que está prevista a súa extensión a outros puntos da rede galega de investigación e a conexión á EuroQCI, a infraestrutura de comunicación cuántica segura que abarcará toda a Unión Europea, a través do proxecto europeo IberianQCI, do que o CESGA e o VQCC forman parte.
Aplicacións prácticas
As aplicacións prácticas desta tecnoloxía son desde a protección de infraestruturas críticas, como redes eléctricas e sistemas de control de tráfico aéreo, ata a seguridade de transaccións bancarias e datos de saúde da cidadanía, pasando por garantir a confidencialidade nas comunicacións gubernamentais e militares, así como nas redes empresariais de alto valor, entre outras.
Esta infraestrutura está financiada a través dun convenio entre o CESGA e Red.es e do Plan complementario de comunicacións cuánticas, a través de fondos europeos do Plan de Recuperación e Resiliencia e de fondos propios da Xunta.

Novas

Ver todas

08 de Outubro de 2025

A Xunta destaca a excelencia da I+G+i na conmemoración do Día da Ciencia en Galicia

Ler máis

07 de Outubro de 2025

Galicia participa en Biospain 2025 en Barcelona para amosar o potencial innovador do sector biotecnolóxico e explorar oportunidades de negocio

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.