Ver a versión en liña

Galicia logra unha factoría europea de Intelixencia Artificial (1HealthAI)

O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) acaba de conseguir unha das seis novas factorías europeas de intelixencia artificial que estará centrada no ámbito de “unha soa saúde” (saúde humana, animal e ambiental) e que contará cun investimento de 82 M€. Esta factoría, solicitada pola Xunta e o CSIC, inclúe a adquisición de infraestruturas de supercomputación avanzadas e unha plataforma experimental e permitirá acelerar a investigación e a innovación neste ámbito.

Galicia, na elite europea da supercomputación e a IA
A Empresa Común Europea de Computación de Altas Prestacións (EuroHPC JU) anunciou o pasado venres que o Cesga acollerá unha das seis novas factorías de IA europeas, dotada con 82 M€. 1HealthAI vén sumarse ás 13 factorías europeas con sede en 12 países e sitúa a España como un dos tres países que contan con dúas factorías de IA no seu territorio.
Esta factoría de IA estará centrada no ámbito de “unha soa saúde” baixo o nome 1HealthAI, un enfoque integral e unificador cuxo obxectivo é equilibrar e optimizar a saúde das persoas, os animais e os ecosistemas.
Beneficios para Galicia
Grazas a ela, adquiriranse un novo supercomputador específico para intelixencia artificial e unha plataforma experimental de supercomputación avanzada optimizada para IA e prestaranse servizos de apoio integral a empresas e centros de investigación de xeito gratuíto.
O despregue da factoría de IA impulsará a creación e o fortalecemento de startups, mellorará a competitividade das empresas, atraerá talento e creará emprego grazas ao acceso a ferramentas de IA avanzadas a disposición de todos os axentes dos sectores vinculados. En definitiva, acelerará enormemente a innovación e a investigación nestes ámbitos.
Apoio doutras entidades
A factoría 1HealthAI, liderada polo Cesga e coliderada polo CSIC, conta coa participación de socios clave, incluíndo as tres universidades públicas galegas e varios dos seus centros de investigación, DATAlife e Gradiant, entre outros axentes do sistema de I+D+i galego.
Esta iniciativa está impulsada e respaldada pola Xunta de Galicia como parte do seu compromiso coa ciencia, a innovación e o avance tecnolóxico, coa colaboración dos ministerios de Ciencia, Innovación e Universidades e de Transformación Dixital e da Función Pública.

Eventos

Ver todos
12
Novembro
Infoday Convocatorias CL5 de Horizonte Europa: Mobilidade

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.