Ver a versión en liña

Novas xornadas sobre convocatorias europeas de I+D+i

Retomamos as xornadas de difusión de convocatorias europeas de I+D+i enmarcadas no Ciclo Europa. Nesta ocasión, as xornadas estarán centradas en mobilidade -o 12 de novembro-, e alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura, medio ambiente, clima e xestión da auga - 20 de novembro-. Ademais, incluímos unha enquisa dirixida a empresas para coñecer mellor os servizos que ofrece a Axencia no marco da Enterprise Europe Network (EEN).

Máis información
Infoday convocatorias CL5 de Horizonte Europa: mobilidade
Data 12 de novembro de 2025
Horario de 10:00h a 11:30h
Lugar Axencia Galega de Innovación

Xornada de presentación das convocatorias de mobilidade encadradas no Cluster 5 do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026. Contará coa participación de Julio Dolado, Punto Nacional de Contacto do CDTI para o Cluster 5 – Mobilidade de HE, que ademais de presentar o programa manterá reunións bilaterias coas entidades interesadas. Estas convocatorias financiarán unha ampla variedade de actividades como transporte multimodal, infraestruturas, loxística ou seguridade, sendo de interese para as cadeas de valor da automoción, naval ou aeronáutica, entre outras.
Máis información
Infoday convocatorias CL6, CL5 (parte de clima), CBE JU e PRIMA de Horizonte Europa
Data 20 de novembro de 2025
Horario de 10:00h a 13:00h
Lugar Axencia Galega de Innovación

Xornada de presentación das convocatorias para 2026 do Cluster 6, Cluster 5 (parte de Clima), CBE JU e PRIMA do Programa Horizonte Europa (HE). A xornada contará coa participación de Marta Conde, Punto Nacional de Contacto do CDTI para estas convocatorias, que ademais de presentar o programa manterá reunións bilaterias coas entidades interesadas. As temáticas a tratar serán:
  • Cluster 6: alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medio ambiente
  • Cluster 5: clima
  • CBE JU: Circular Bio-based Europe Joint Undertaking
  • PRIMA: Partnership for Research and Innovation in the Mediterranean Area
Máis información
Enquisa en materia de colaboración internacional
Dende a Axencia Galega de Innovación convidamos ás empresas galegas a participar nunha pequena enquisa co obxectivo de coñecer mellor as súas necesidades e intereses en materia de colaboración internacional. A información recollida permitiranos orientar os servizos da Enterprise Europe Network (EEN), especialmente no relativo a oportunidades de colaboración internacional, innovación e participación en proxectos europeos.
A participación é voluntaria e os datos recollidos serán tratados de acordo coa normativa vixente de protección de datos, exclusivamente para mellorar os servizos ofrecidos ás empresas.
Accede á enquisa

Podes inscribirte nestes eventos na páxina web da Axencia Galega de Innovación

Inscríbete!

Novas

Ver todas

19 de Outubro de 2025

A Xunta incrementa o apoio a grupos e proxectos de investigación ata acadar os 29,7 M€ para que desenvolvan a súa actividade ata o 2029

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.