Nova Lei de ciencia e innovación de Galicia
| O anteproxecto de Lei de ciencia e innovación de Galicia iniciou a súa tramitación coa autorización polo Consello da Xunta e a apertura dunha consulta pública previa, que estará aberta ata o vindeiro 28 de novembro. Esta norma, que se prevé entre en vigor no 2027, actualizará, integrará e fortalecerá o actual marco vixente dende 2013. Entre as súas novidades destacan a regulación de ámbitos como a atracción e retención de talento, a transferencia efectiva de resultados para achegar a ciencia á industria, a innovación empresarial ou a redución da burocracia.
|
Fai as túas achegas!
|