Ver a versión en liña

Participamos no VII Foro Iberoamericano de CPI en Granada

A Xunta de Galicia participa ata mañá no VII Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta en Granada. Conta cun espazo propio na zona de feira, onde se expón a traxectoria de Galicia en Compra Pública de Innovación (CPI), unha ferramenta de contratación que permite impulsar a innovación dende as Administracións para mellorar a calidade de vida das persoas. Así mesmo, varios departamentos da Xunta participan no programa do Foro para presentar distintos proxectos de CPI que están desenvolvendo.

Máis información
Experiencia e proxectos presentados
Galicia participou na mesa redonda sobre casos de aprendizaxes de Estratexias de CPI nacionais e rexionais implementadas en España e latinoamérica. En concreto, a directora de Estratexias e Programas da Axencia Galega de Innovación expuxo o caso galego como exemplo de CPI proactiva incentivada a nivel rexional.
Así mesmo, representantes de distintos departamentos da Xunta presentaron os seus proxectos na sección Nodo Retos:
  • A directora xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Paula Uría, expuxo o proxecto Sicle CO2, que persegue contribuír ao establecemento de políticas e solucións que acaden a neutralidade climática en Galicia, actuando en ámbitos como zonas forestais, terreos agrícolas e áreas costeiras e de acuicultura.
  • Representantes da consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional presentaron o proxecto Edugalia, iniciativa educativa cuxo obxectivo é introducir un novo paradigma de deseño e avaliación de políticas públicas educativas orientadas á prevención do abandono educativo a través da intelixencia artificial.
  • Un representante de Augas de Galicia presentou Augastech, cuxo obxectivo é fortalecer a toma de decisións informadas, mellorar as relacións coa cidadanía e garantir o cumprimiento de obxectivos ambientais, avanzando cara a unha administración da auga máis eficiente e sustentable.
Por último, a directora de área da Axencia Galega de Innovación e a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Carmela Sánchez Carreira participaron na sesión sobre avaliación de impacto e CPI no que Galicia está a traballar.
Foro de referencia en CPI e innovación aberta
Galicia impulsou a creación deste foro, que chega á súa sétima edición, organizado nesta ocasión polo Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O evento de referencia reúne en Andalucía a preto de 700 expertos e axentes de España e de varios países iberoamericanos, co obxectivo de debater e explorar o potencial da compra pública innovadora e da innovación aberta. Este instrumento ten que servir como panca para impulsar a I+D desde o ámbito público e para despregar solucións baseadas en coñecemento que melloren a calidade de vida dos cidadáns.

Novas

Ver todas

19 de Novembro de 2025

Rueda destaca que avances como o novo datacenter do CESGA e a adxudicación da fábrica de IA poñen a Galicia na vangarda europea do sector

Ler máis

17 de Novembro de 2025

A Xunta reforza a investigación biomédica en Galicia a través da súa participación no Plan complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde

Ler máis

14 de Novembro de 2025

A Xunta destaca o esforzo dos centros tecnolóxicos por colaborar e impulsar a innovación en Galicia

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.