Xornada sobre oportunidades da innovación local
| O ámbito local será unha prioridade para o desenvolvemento da innovación en Galicia. Neste contexto, os plans locais de I+D+i adquirirán un papel clave para conectar as necesidades reais dos concellos con solucións que permitan mellorar os servizos públicos, modernizar as administracións e xerar un impacto sostible no territorio. Para abordar as oportunidades que ofrece o impulso da innovación local e coñecer diversas experiencias desenvolvidas neste ámbito a nivel estatal, celebramos o vindeiro 16 de decembro unha xornada.
|
Inscríbete na xornada!
|