Ver versión en liña

11F Día internacional da muller e da nena na ciencia

O 11 de febreiro conmemórase o Día internacional da muller e da nena na ciencia a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas para recoñecer o papel clave que desempeñan na comunidade científica e tecnolóxica e acadar o acceso pleno e en igualdade de condicións á ciencia. En Galicia, ao redor do 40% do persoal dedicado a I+D e do persoal investigador son mulleres.

Mulleres referentes
Dende a Axencia Galega de Innovación queremos render unha pequena homenaxe ás máis de 5.500 mulleres dedicadas a tarefas de I+D, achegando algún exemplo de investigadoras galegas que lideran proxectos de investigación, encabezan iniciativas empresariais nacidas dos resultados da investigación ou completan a súa formación investigadora realizando a tese de doutoramento nunha empresa ou nunha universidade. O obxectivo é ofrecer referentes ás nenas e mozas que lle sirvan de modelo e inspiración, ademais de poñer en valor a súa contribución ao avance da ciencia e da tecnoloxía e, por conseguinte, á mellora da calidade de vida das persoas.
Saray Busto é doutora en Matemática Aplicada, investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Santiago de Compostela e no Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) vencellado ás tres universidades. No 2025 gañou unha prestixiosa axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación para levar a cabo o seu proxecto SUPREMUM. A súa investigación está centrada no desenvolvemento e estudo teórico de novos métodos numéricos que preserven a estrutura de modelos hiperbólicos da mecánica dos medios continuos, que terá como aplicación práctica o deseño dun método para a simulación do sistema cardiovascular, co obxectivo de abrir novos eidos de investigación en análise numérica, enxeñaría e biomedicina. Foi beneficiaria dos servizos do programa Oportunius e recibirá apoio deste durante a execución do proxecto.
Amanda Franco Sardinha é doutoranda industrial, apoiada polo programa de Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia. Está a realizar a súa tese na empresa Energio Research, baixo a dirección da Universidade de Vigo. A tese consiste no desenvolvemento dunha tecnoloxía innovadora para reducir as emisións de óxido de nitróxeno -abundantes en calquera sistema de combustión moderno e custosas de mitigar- mediante plasma frío. Contribuirá deste xeito a ofrecer unha solución eficiente e respectuosa co medio, en liña coas normativas actuais e cos obxectivos de sustentabilidade a longo prazo.
María Luisa Juanes Carrasco é investigadora do proxecto TraffikGene, apoiado polo programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta de Galicia, e co-fundadora da futura compañía resultante do proxecto. Trátase do desenvolvemento dunha nova tecnoloxía de entrega de fármacos. TraffikGene emprega péptidos, que son como pequenas proteínas, capaces de protexer e transportar de maneira eficiente e selectiva ácidos nucleicos, como o ARN mensaxeiro, ó interior das células do noso corpo, para que este poda levar a cabo a súa función terapéutica, contribuindo así a unha maior seguridade e eficacia das terapias avanzadas de última xeración.
Mirian López Pardo é investigadora predoutoral na Fundación Galega de Investigación Biomédica INIBIC e está a desenvolver a súa tese de doutoramento cun contrato predoutoral apoiado pola Xunta de Galicia. A súa investigación céntrase nos cambios morfolóxicos e moleculares que sofre o peritoneo nos pacientes en diálise peritoneal, unha técnica de substitución da función renal. O obxectivo do proxecto é identificar novas dianas terapéuticas e biomarcadores que permitan establecer estratexias para prolongar a duración desta técnica.

Novas

Ver todas

05 de Febreiro de 2026

A Xunta presenta unha ampla programación científica para divulgar a eclipse solar do 12 de agosto entre os escolares de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
26
Febreiro
Infoday novas convocatorias EIC 2026

11
Marzo
Xornada INNOGLOBAL FEDER 2026

17
Marzo
Infoday convocatorias Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.