Ver versión en liña

Presentación da nova convocatoria Ciencia-Empresa e mesas de traballo da RIS3

O vindeiro 25 de marzo presentaremos a nova convocatoria Ciencia-Empresa, dotada con 3 millóns de euros, para apoiar proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental levados a cabo por unha peme. Ademais, o 9 de abril levaranse a cabo mesas de traballo participativas para a revisión dos ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 2021-2027). Por último, xa temos fixadas no calendario as próximas xornadas informativas do Ciclo Europa, para presentar as convocatorias de axudas europeas do Clúster 2 (Cultura, creatividade e sociedade inclusiva), o 17 de marzo, e do clúster 3 (Seguridade Civil), o 16 de abril.

Máis información
Horizonte Europa CL2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva
Data e hora: 17 de marzo, 10:00 horas
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación (Santiago de Compostela)
Obxecto: Xornada de presentación das convocatorias do Clúster 2: Cultura, creatividade e sociedade inclusiva do Programa Horizonte Europa (HE) para 2026.
A xornada terá lugar en formato unicamente presencial e contará coa participación de Adeline Marcos Talva, Punto Nacional de Contacto do CDTI e representante do CL2, que ademais de presentalas en detalle manterá reunións bilaterais coas entidades interesadas.
Quero asistir!
Presentación da convocatoria Ciencia-Empresa
Data e hora: 25 de marzo, 12:00 horas
Lugar: Auditorio Neira Vilas. Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela.
Obxecto: Presentación da nova convocatoria de axudas da Axencia para apoiar proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental individuais de pemes galegas. Está prevista a publicación no DOG o 25 de marzo.
Quero asistir!
Mesas de traballo da RIS3
Data e hora: 9 de abril, dende as 9:00 horas
Lugar: Sala 9 do Edificio Fontán. Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
Obxecto: O obxectivo desta revisión é debater sobre a redución e simplificación dos ámbitos de priorización para asegurar un mellor aproveitamento das oportunidades emerxentes e unha maior claridade e operatividade na implementación da estratexia.
Quero asistir!
Reserva a data!
O próximo 16 de abril celebraremos na Autoridade Portuaria de A Coruña, unha xornada do Clúster 3 sobre Seguridade Civil para a Sociedade. O próximo luns abriremos o formulario de inscrición para que te poidas anotar!

Novas

Ver todas

11 de Marzo de 2026

As entidades galegas logran captar 24,3 M€ en tres convocatorias estatais de I+D+i empresarial

Ler máis

10 de Marzo de 2026

Nove proxectos de investigación levarán os seus resultados ao mercado co apoio do programa Ignicia da Xunta

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.