Identificación de capacidades do Sistema galego de Innovación na loita contra o COVID-19
Dende a Xunta de Galicia, no contexto da emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19, queremos dar respostas a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Para elo, lanzamos unha chamada para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación na loita contra o novo coronavirus.
Consulta sobre as capacidades do Sistema Galego de Innovación
A través dun formulario web que vimos de habilitar na páxina web da Axencia Galega de Innovacion, estamos a recoller propostas do Sistema galego de I+D+i para a loita contra o COVID-19. Esta consulta está dirixida a empresas ou centros de coñecemento que dispoñan de solucións innovadoras maduras que axuden a loitar contra o COVID-19.
Estas solucions innovadoras teñen que poder implementarse nun prazo de tempo moi curto, en ámbitos directamente relaciados co brote de COVID-19, por exemplo:
novos dispositivos de intervención ou tratamento;
solucións innovadoras para fabricación de ventiladores invasivos;
equipos de protección indiviuais ou colectivos (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas...);
detección e destrucción do virus, sistemas de desinfección masivos…
Trátase de achegar solucións innovadoras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus.
A Axencia Galega de Innovacion realizará un filtro das propostas que se reciban e achegará financiamento para as que resulten de interese.
O prazo límite para achegar as solucións innovadoras é o venres 27 de marzo.
Enlace ao formulario de identificación de capacidades - Axencia Galega de Innovación
Proxectos de investigación sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade COVID19
Por outra banda, o Instituto de Salud Carlos III tamén vén de abrir un programa de axudas para proxectos que teñan como obxectivo xerar coñecemento sobre a infección, dotado con 24 millóns de euros e que ten actualmente aberta unha chamada de expresións de interese.
O alcance destas propostas poderá ser:
Técnicas de diagnóstico virolóxico rápido do COVID-19, escalables industrialmente e aplicables á asistencia sanitaria, con orientación prioritaria cara ao diagnóstico dos estadios precoces da infección en humanos e que permitan predicir gravidade con fins de estratificación asistencial.
Caracterización clínica-biolóxica-molecular da enfermidade COVID-19, estadios, estratificación pronóstica e complicacións.
Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte ao SARS-CoV-2. Estudos de resistencia antiviral. Efectividade de intervencións non farmacolóxicas, profilácticas e terapéuticas.
Caracterización do virus SARS-CoV-2, coñecemento da variación xenética e antigénica do SARS-CoV-2 así como da resposta inmunológica ao virus SARS-CoV-2 e da interacción virus-hóspede.
Desenvolvemento de vacinas, eficacia e aplicabilidade.
Vixilancia epidemiolóxica do COVID-19 e epidemioloxía molecular: incidencia da mortalidade e morbilidad. Factores ambientais e sociais da propagación. Factores de risco e dinámica poboacional da infección polo SARS-CoV-2.
Impacto socio-económico do COVID-19. Utilización de recursos de atención primaria, recursos hospitalarios xenerais, e recursos de coidados críticos.
Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19.
Enlace á chamada de expresións de interese do Instituto de Salud Carlos III
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.