Ver a versión en liña

No marco do proxecto europeo DESIGN4INNOVATION, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) promove unha iniciativa destinada a identificar casos de éxito do deseño en Galicia, coa fin de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito.

WEB DESING4INNOVATION

Queremos aproveitar este proceso de identificación de “casos de éxito do deseño” con dous obxectivos claros:

  1. Identificar os dous mellores proxectos industrializados por empresas galegas e presentalos, con cobertura de gastos de aloxamento e desprazamento, na exposición de deseño europeo a celebrar como parte da próxima reunión do proxecto Design4innovation. (Abril 2018 en Valetta, Capital Europea da Cultura 2018).
  2. Editar unha publicación que recompile todos aqueles casos que reúnan as características solicitadas e que axude a difundir as mellores prácticas do deseño galego, demostrando que o deseño pode ser chave para conseguir obxectivos específicos da empresa, tan pragmáticos como alcanzar certas cuotas de mercado, abrir mercados novos, diversificar a oferta de produtos, conseguir que unha innovación tecnolóxica sexa asimilada facilmente polo usuario.
Como participar?

Os detalles relacionados co sinxelo proceso de inscrición e o procedemento de selección están detallados neste documento.

Animámosvos a participar e a darlle a máxima difusión a esta iniciativa.

Para calquera consulta adicional, non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través de cismadeira.gain@xunta.es

DIRECCIÓN

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.