Ver a versión en liña

Tes unha boa idea para un proxecto de Crecemento Azul?

ERRIN organiza un obradoiro para apoiar o desenvolvemento de ideas de proxecto Blue Growth, que terá lugar en Bruxelas o 16 de maio.

Axenda do evento

A xornada comezará coa presentación e análise das convocatorias relacionadas con Blue Growth e dispoñibles ata o 2020 en diferentes programas europeos, para continuar con sesións de brokerage que permitirán avanzar nas ideas de proxecto presentadas, así como identificar potenciais socios.

Se a túa entidade ten unha idea neste ámbito e necesitades identificar posibles socios, podes enviarnos un resumo do proxecto ao correo informa.gain@xunta.gal ata o 8 de maio e garantir así a vosa participación no evento.

No caso de que a túa organización aínda non teña idea de proxecto, pero que estea igualmente interesada en participar, podes ver aquí a axenda do evento e enviarnos solicitude de inscrición ao mesmo email antes indicado.

Non esquezas que ao día seguinte a este obradoiro celebrarase, tamén en Bruxelas, o #BlueInvest2018, que traerá máis información sobre novas oportunidades de financiamento e inversores, así como posibilidades de establecer novos contactos.

DIRECCIÓN

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
Gain@Xunta.es

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.