Ver a versión en liña
 

 
 

#HACKatHOME: traballo en equipo para atopar solucións innovadoras a grandes retos

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza os vindeiros 27 a 30 de xuño o primeiro hackaton virtual para crear solucións innovadoras para adaptar o tecido empresarial galego á nova realidade. Co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e persoas innovadoras, búscase dar resposta traballando en equipo a cinco retos da industria, o comercio e o emprego. Se queres aportar ideas ou capacidades, únete ao equipo!

<
Que é e a quen vai dirixido?

O coronavirus creou un novo contexto social que nos obriga a repensar a maneira de relacionarnos, tanto no ámbito privado como no público. Este novo contexto tamén afecta ao noso tecido empresarial, que precisa novas ideas para adaptarse e garantir a seguridade das persoas.

Con este motivo, nace en Galicia o primeiro hackaton virtual, promovido pola Xunta de Galicia, que propón unir, de forma remota, a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa innovación para desenvolver novas ideas de produtos ou servizos e así axudar á industria, ao comercio e ao emprego a construír unha nova realidade.

Este evento está dirixido a programadores, investigadores, deseñadores, estudantes, empresas e, en definitiva, a calquera persoa que crea que traballando en equipo e colaborando podemos chegar a pensar e empezar a construír solucións tanto físicas como dixitais para afrontar os cambios que nos esperan.

Que retos queremos resolver?
O tecido empresarial galego definiu cinco retos para enfrontarse á nova realidade provocada pola aparición do coronavirus:
  1. Solucións “De baixo contacto”: Ideas para mellorar os espazos de traballo así como a xestión de produtos, materiais e ferramentas para evitar a dispersión do virus.
  2. Repensando a venda ao público: Ideas para incrementar a seguridade dos espazos comerciais e evitar o impacto negativo no volume de negocio.
  3. Teletraballo: Ideas para optimizar o traballo en remoto ou minimizar o contacto interpersoal nos sectores que requiran traballo presencial.
  4. Unha industria máis local: Ideas para reducir as necesidades de desprazamento da industria tanto para a compra como para a oferta.
  5. Un novo concepto de “equipo”: Ideas para coordinar equipos de traballo nun novo contexto de separación física.
Como imos conseguilo?

Os proxectos que se expoñan deben dar unha resposta innovadora e tecnolóxica a estes retos. Non existe ningún límite en canto a ideas ou utilización de tecnoloxías. Poden ser propostas de produtos físicos ou solucions TICs, con liberdade de uso de tecnoloxías xa parcialmente desenvolvidas.

Haberá que converter esa idea nun prototipo mínimo viable durante catro xornadas intensivas de traballo.

Os mellores prototipos terán a oportunidade de converterse en realidade co apoio das empresas e entidades colaboradoras.

Cal é a dinámica de traballo?

#TEAMS:

Aínda que se poden presentar tanto individualmente como en grupo todos os participantes formarán equipos de traballo para realizar os proxectos.

#GOALS:

Propoñemos cinco retos aos que buscar solucións que poden ser tanto físicas como dixitais.

#TIMING:

Hai catro días completos de traballo intensivo do 27 ao 30 de xuño para desenvolver os proxectos que haberá que presentar en público nun pitching final.

#MASTERS

Contarase coa axuda dun equipo de mentores que asesorarán aos participantes sobre as liñas xerais dos proxectos e os detalles técnicos.

#EVENTS:

Paralelamente ao hackathon haberá unha serie de mini eventos onde atopar inspiración para o traballo.

CANDO?
Catro días de traballo intenso entre o 27 e o 30 de xuño en remoto xunto con actividades paralelas online e o pitching final de proxectos.

INSCRICIÓN
Do 12 ao 21 de xuño en: https://hackathome.gal/

Pincha aquí para coñecer todo o ecosistema de colaboradores participantes.
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.